Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 octobre 2005

UNHA DE VAQUEIROS

O novo ruxe ruxe é que o poeta nacional que mellor boxea adia unha e outra vez a entrega da súa novela sobre o Oeste porque vai levar un galardón no Este do Estado. O Premio de Literatura Subterránea, que xuran o Muchacho das Bragas de Ouro, dispón de 601.000 argumentos para crebar a vontade do carpinteiro, pero eu moito me sorprende que permita que un libro seu apareza antes en español ca en galego. Eu si vía recollendo o cheque de mans da urdangarina a esoutra escritora que coñece ben por onde sopran os ventós en Barcelona. É nova, loira, coñecida, escribe en feminino e en sinxelo; en cámara dá que te pasas. O que me temo é que a miña visión se estragou hai uns meses: ela foi onda o Rei dos Comerciais Libreiros a entregarlle uns contos con premio de César Antonio e el lle contestou que si, nena, que si; pero que antes unha novela. Apostaría algo a que esa novela era a dos 601.000 argumentos. Ela acabou publicando no Viento de La Curuña, editorial minoritaria para minorías con pretensións e fachendas maioritarias. O Rei, premiando aos que tanto disgustaban ao Muchacho (quen esqueceu expoñer as súas quixoteces cando o premiaron). Eses relatos puideron aparecer en galego asemade ca en español; houbo proposta, pero a súa dona rexeitouno. Meses antes lle rexeitaran a ela o seu poemario Señor Amor en galespañol; acaba de saír en españogalego, por certo.   

Publicité
Publicité
Commentaires
C
qué listos sodes todos os da tribo. leovos e non vos entendo nada, ¿seguro que vos entendedes entre vos? ¿queredes falar claro e poñer nomes para que os novos nos enteiremos de algo?
Répondre
C
qué listos sodes todos os da tribo. leovos e non vos entendo nada, ¿seguro que vos entendedes entre vos? ¿queredes falar claro e poñer nomes para que os novos nos enteiremos de algo?
Répondre
M
Recibido. O do enlace entendoo. Pero o que me chocou unha migalla é o tratamento dos protagonistas. Lin varias entrevistas túas con respecto á novela, pero nunca deron luz. ¿É unha crítica ó galeguismo un pouco light, non? A min dame o aquel de que sinxelamente trazas un bosquexo da realidade galega. En fin, que agardaba unha novela un petisco máis hardcore, talvez. Grazas pola explicación. Ninguén mellor que o propio escritor para esparexer as dúbidas ( sen ánimo de ofenderes). <br /> <br /> A ver que acontece co caso Rivas, eu tamén agardo polos indios. Logo se dirá.
Répondre
F
Carafio, a miña benquerida nena de Foz. Eu téñolle sección fixa no meu blogue. <br /> Do noso bardo nacional fai tempo que non agardo nada, ainda que outro día nos primeiros parágrafos do seu artigo a Haro albisquei algo da súa vella máxica música.
Répondre
B
qué estraño, estrañísimo me soa iso da grande novela galega, anque non veña a conto.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité