Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 octobre 2005

DEMASIADO BRANCO

O ministro de Cultura británico, David Lammy, decretou que o sistema artístico do seu estado é "demasiado branco", polo que creou un premio para historias de entre 1.500 e 5.000 palabras escritas por autores africanos, asiáticos ou caribeños que vivan no Reino Unido e que será publicada por Penguin. A iniciativa non está de máis, aínda que eu pense que a literatura británica está abondamente mestizada; mesmo que é a máis mestizada de Europa.

Publicité
Publicité
Commentaires
T
A ver se me aclaro: ¿O goberno inglés non será tamén demasiado branco, ou só se percibe o problema no seu "literary system"?
Querido Jaure, eu de ti presentaba un texto, sería unha candidatura interesante, coa de galegos que por aló traballaron/traballan e non aproveitan o seu tempo libre para escribir novelas.
E unha última reflexión persoal -se mo permites-, nada dadá: aquí mellor menos lírica, mellor menos literatos ensinantes (non é sinónimo de traballadores) e mellor menos escritores sen ascendencia foránea... Jaure, ti encaixas de momento en todos e cada un dos parámetros desexables. ¡Noraboa!
Répondre
J
Si, aquí son menos; sairán menos, pero algún sairá. O que discrepo é de que un traballador careza de tempo para escribir novelas. Tempo teno todo deus, non precisa un de ser funcionario para escribir, precisa ter gañas. Ata hai pouco, a literatura galega foi couto de ensinantes, pero agora hai unha chea de traballadores (Borrazás, Fransico Castro, López López, Camilo Franco,...)
Répondre
M
Volvendo á librería de vello, que non de Fernán:

Di vostede: "Aquí temos unha chea de escritores con orixes no exterior (Ursula Heinza, Frank Meyer, o rapaz africano que escribe na Voz; eu mesmo se mo permite) aos que, confíemos, en que se una algún dái algún marroquino da Limia ou algún caboverdiano de Burela".

¿Pero de verdade pensa, Jau, que un traballador vai sacar tempo, e ganas, para escribir esa novela?

(Xa, UK, pero aló hai dez millóns -invento- cando aquí son cinco mil -¿esaxero?-).

Sen acritude,

Matías Bruñulf
www.mividacomounchino.com
Répondre
E
Os Manic Street Preachers cantaban:

There is no black in the Union Jack
There's so much white in the stars and stripes
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité