lundi 31 octobre 2005

DESIGUALDADE

Irene Lozano e máis eu estamos en guerra. Eu informeime días atrás; ela, non se decatará nunca. Pensándoo agora, descúbrome como integrante dunha guerrilla en combate a campo aberto cun exército.
Posté par Jaureguizar à 11:49 - Commentaires [4] - Permalien [#]

vendredi 28 octobre 2005

DEMASIADO BRANCO

O ministro de Cultura británico, David Lammy, decretou que o sistema artístico do seu estado é "demasiado branco", polo que creou un premio para historias de entre 1.500 e 5.000 palabras escritas por autores africanos, asiáticos ou caribeños que vivan no Reino Unido e que será publicada por Penguin. A iniciativa non está de máis, aínda que eu pense que a literatura británica está abondamente mestizada; mesmo que é a máis mestizada de Europa.
Posté par Jaureguizar à 13:25 - Commentaires [4] - Permalien [#]
jeudi 27 octobre 2005

O ESCRITOR DO MES DA VOZ

A iniciativa que desenvolveu a AELG de promover os nosos escritores dedicándolles un mes é elevadamente positiva. Mágoa que soamente se impricase á Voz no proxecto. Irrefutablemente é o xornal máis lido no país, pero coutar a iniciativa a ese periódico e á súa radio (ás doce da noite) ahega a sensación de que é unha iniciativa dese medio. ¿Por que non se buscaron outros apoios? ¿Faltou ambición ou esa gran árbore agochou o resto do bosque?
Posté par Jaureguizar à 11:45 - Commentaires [4] - Permalien [#]
mercredi 26 octobre 2005

UNHA DE VAQUEIROS

O novo ruxe ruxe é que o poeta nacional que mellor boxea adia unha e outra vez a entrega da súa novela sobre o Oeste porque vai levar un galardón no Este do Estado. O Premio de Literatura Subterránea, que xuran o Muchacho das Bragas de Ouro, dispón de 601.000 argumentos para crebar a vontade do carpinteiro, pero eu moito me sorprende que permita que un libro seu apareza antes en español ca en galego. Eu si vía recollendo o cheque de mans da urdangarina a esoutra escritora que coñece ben por onde sopran os ventós en Barcelona. É nova,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [15] - Permalien [#]
mardi 25 octobre 2005

CABARET VOLTAIRE

Prezados colaboradores de facendoamigos.blogspot.com Vimos de trasladar o negocio á Spiegelgasse de Zürich, onde os animadores do Cabaret Voltaire nos fixeron un pequeno espazo. Pasen, acomódense, pidan champán (atentos aos sucedáneos, estamos na Primeira Guerra Mundial) e comenten. Jaureguizar
Posté par Jaureguizar à 14:02 - Commentaires [10] - Permalien [#]