mardi 1 novembre 2005

A FESTA DA LUZ

Volvo sobre as minorías étnicas en Europa. Onte mirei a película Festen (A festa) do dogmático Thomas Vintenberg. O guión é unha alfaia minuciosa, coas súas tramas tan ben tramadiñas e coa súa botada de ácido sobre a placidez coa que pretendemos vivir os burgueses. A realización sucumbe a esa norma estúpida de filmar con luz ambiental. Nas escenas matutinas, a luz que incendiaba a través das fiestras non deixa ver as expresións dos actores branquiños; a iluminación con candeas dunha escena noturna en interiores emboscaba a un actor... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:23 - Commentaires [1] - Permalien [#]