Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 novembre 2005

O CABARET VOLTAIRE MUDA EN AMBULANTE

O Cabaret Voltaire muda en ambulante e prepara unha minixira para este venres, día 4. O simposio que os editores celebran no Consello da Cultura de Santiago vaime ter como partícipe nunha mesa redonda sobre edición en internet que comezará ás once e media da mañá. A miña proposta chámase O teléfono móbil de Gutenberg. No serán desde mesmo día, falarei en Lalín sobre a literatura nacional e o que os escritores pintamos na sociedade baixo o título de A vida é demasiado curta e Otero Pedrayo demasiado longo. Será ás oito da tarde no Hotel Palacio e me gustaría que algún de vostedes polemizase comigo en directo para que os lectores non pensen que vostedes, os colaboradores do blog, son seudónimos que xenero eu. O convite para acudir a Lalín, e isto me emociona porque poderei coñecelo persoalmente, é dun sospeitosos habituais do Cabaret Voltaire, José Luis Sucasas.

Publicité
Publicité
Commentaires
C
jaure, antollaseme que es un pouco mamón
Répondre
C
jaure, antollaseme que es un pouco mamón
Répondre
R
ei ou!!! vaia despiste!!!
son o xoubas, lembras? bonitas discusións tivemos sobre a propiedade intelectual fai xa uns meses, lembras?
vexo en Vieiros que vas dar unha charla sobre o tema este das bitácoras, saeo correndo para "facendo amigos"(que facia moito tempo que non te visitaba) pa meterme un pouco contigo e a ver se podiamos ter unha discusión física post-charla-consellodacultura, e dasme un disgusto. Pero que fixeches alma de Dios?
Bueno, imolo deixar en que non foi culpa tua.
De todas formas, cando ocorren cousas destas, sempre é bó preguntarlle a quen algo sabe do tema (ainda que de literatura pouco). Deixo o meu "adresse email", por se necesitas axuda, que se me andas bailando dun sitio para outro, despois non me vou poder meter contigo ;-).
O dito, para estas cousas e dentro dos meus coñecementos, o que queiras (outra cousa serán os berros que nos peguemos sobre o tema de pagarche polos libros teus nas bibliotecas).

Un saudo e animo.

Nota: xa me podias ter posto a bitacora en injlés, que por aquí ando medio ás apalpadas.
Répondre
J
Teña en conta que os meus antergos eran harrijasolaris e levantaban uns pedrolos como os da Cidade da Cultura.
Répondre
F
Faremos algo máis que falar de Gutemberg, forasteiro. Vai desempoando os teus colts.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité