Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 novembre 2005

EU PROPOÑO (INUTILMENTE) A GONSAR

Leo a Voz para informarme de quen é o Escritor do Mes da Asociación de Escritores en Lingua Galega e the winner is Luz Pozo Garza. Déixame perplexo ter que ler un medio concreto para saber dun recoñecemento que debería figurar en todos os medios nacionais e fiquei atordado ao imaxinar o proceso de selección do autor do mes. Eu non me sinto identificado literariamente con Bernardino Graña (persoalmente si, é un home ben afable) e menos con Luz Pozo; son dous señores maiores que escriben unhas poesías que, segundo leo, son nutrificantes. Dado que non se nos convoca por correo electrónico para apuntar propostas, entendo que o Escritor do Mes é seleccionado por socios concretos da AELG (coma mín, pero con cargo directivo), polo que propoño a Camilo Gonsar coma Escritor do Mes. Meréceo por traxectoria e por aportación, aínda que abondaría con A noite da aurora.

Publicité
Publicité
Commentaires
C
¿leichelo ben?
Répondre
S
Eu tamén me sumo. Isto depende da AELG, non si? Pois os que sexan socios, propóñanllo. Eu tamén o farei porque coido que hai unha páxina na que pode contactar calquera sen ser socio.
Répondre
F
Súmome a proposta entusiasmado. Ese libro é un dos máis fermosos da última literatura galega.
Répondre
M
¿O escritor do mes? Def con Dos falaba de EL asesino del mes... Vaia trapallada. Soa a reggeton. A min Camilo Gonsar paréceme un boísimo escritor, e moi esquecido, levas razón. E que sempre lle colgan o axóuxere o minino máis vello. En fin, Pozo Garza, dende o teu blog quero darlle os meus parabéns por nos ter torturado cos seus poemas o COU.
Répondre
J
Sinto chegar tarde a solventarll o insomnio, pero a iniciativa de nomear un Escritor do Mes é ben suxestiva: supón situar a un dos nosos autores no centro da nosa vida cultural. Outra cousa é a escasa ambición coa que se desenvolveu.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité