CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Escaparate galego: Se hai libro galego, hai cliente galego.

06 novembre 2005

A EDICIÓN 'SERIA'

O venres foi un día divertido: pasei dende as once da mañá ata a unha da madrugada falando de libros. Con todo, a xornada comezou no Simposio de Editores participando nunha aburrida mesa redonda sobre edición e Internet. Falamos máis do pasado que do futuro, cada un dos poñente referiuse ao seu proxecto e eu creo que os editores pretendían que falásemos do futuro, do que poden facer eles para incorporárense ás novas tecnoloxías. Pola tarde, escoitei unha mesa sobre blogs na que, amáis de rir coas ocorrencias de Martin Pawley, soamente oín falar de futuro a María Yáñez, quen nos presentou a ilusionante e primeira editorial electrónica Edicións da Rotonda; a Francisco Castro, quen insinou (mágoa que non desenvolvese a teoría) que a Internet pode ser o campo de probas para os produtos editables, e a Xabier Cid, quen avogou por unha toma en consideración do blog como elemento cultural. Con Xabier discrepo en que un blog sexa un xénero literario, non me convenceu coa súa argumentación diferenzadora doutros, pero partillo con el a necesidade de que a edición electrónica sexa finalista e non un paso á edición seria, á de papel, e o interesante de que os blogs empecen a ser obxecto de estudo académico (el falou de incluílos no Anuario de Estudos Literarios Galegos).

Ás sete da tarde estaba saíndo de Compostela e chegaba a Lalín hora e media máis tarde: a miña capacidade para desorientarme na rede nacional de estradas é inimitable. Agardaba menos público, agardaba un público menos informado, agardaba un públicos menos interesado,... creo que nos tiramos case que dúas horas argallando, debatindo, concordando, discutindo... fun feliz cos irmandiños de Sucasas. 

 

Posté par Jaureguizar à 09:28 - Commentaires [3] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

Commentaires

¿De que nos vale invertir en autoestradas espídicas se despois tipos coma ti collen a quen non é? Claro que, os homes de letras sempre tiveron soa de non levarse ben coa realidade presente.

Posté par sucasas, 06 novembre 2005 à 11:07

¿E que me pide, Sucasas? Eu casei para ter perto alguén que se ocupase da realidade. Eu non teño tempo, nin gañas.

Posté par jaureguizar, 06 novembre 2005 à 11:16

Espirse nos blogs

Carallo, que lle collín gusto a isto dos blogs... Un servidor, que andivo e anda nesas teorías da escritura do EU (Philippe Lejeune polo medio), ten a sua particular tese verbo deste fenómeno. Porque, no fondo, ten o mesmo proceso que os diarios persoais (cada noite unha reflexión) mais nun senso oposto: se un diario é a reflexión íntima, agachada ou preterida aos ollos alleos, un blog é xusatmente o contrario, abrir ao resto de mortais as nosas teimas, as nosas caralladas, é dicir ispirnos na medida que queramos pero ispirnos ao fin.

Posté par oucomballa, 18 novembre 2005 à 10:13

Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=968162

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :