Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 novembre 2005

A LEVIDADE

A autêntica foi unha das derradeiras novelas de Saul Bellow, un dos escritores que temos coma favoritos Martin Amis e máis eu. No meu caso, debe de ser porque me lembra a John Updike. Remateina o sábado entre un apañe de castañas montés coa miña filla e unha conversa noturna coa miña muller e pensei que Bellow sería quen de facer unha novela mangífica con iso e non un traballo de cumprir como o que fixo McEwan en Sábado (Xesús Fraga discrepa, Flocon de Neige dáme a razón en que McEwan está en declive ). A virtude de Bellow era captar literatura na levidade das cousas e contalas coas palabras precisas e unha suave ironía que se ergue no aire coma o pó cando sopras nun moble abandonado. Monta un libro ben ameno co reencontro de dous vellos amantes por todo mecano.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Prezado Flocon, Camilo Franco e mais eu sabemos onde aparca o seu coche, ou sexa que non revele a nosa conversa doutro día se non quere que lle mandemos un colombiano para que lle afrouxe os cables dos freos.
Répondre
F
Polo enlace, pola comida e a conversa tamén, foi enriquecedora. Nos próximos días darei cumprida conta da miña vella relación con McEwan.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité