Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 novembre 2005

A PÓLVORA XUNTOUSE COAS MAGNOLIAS

A foto que aparece hoxe na sección de Cultura da Voz é ben curiosa. O poeta que teima na Revolución marxista camiña canda o banqueiro que defende a Evolución capitalista. A Pólvora e ás Magnolias. ¿Quen é quen? Sirvanse o que queiran, que hoxe fago tarde de lecer, e opinen.

Publicité
Publicité
Commentaires
C
eu creo que o gran novelista é o Jaure que para iso atende este bar de copas por amor á humanidade
Répondre
F
Certamente, non sería bo (anque moi divertido) afondar nas antinomias entre o discurso radical de Ferrin e unha presentación co Gran Capital escoltando... As referencias ás Sociedades Económicas de Amigos do País non atemperan a incoerencia...
Pero eu non xulgo. Quero moitísimo ao noso patriarca, e recoñézolle, como fixo alguén arriba, a súa enorme valía estética. A política é outra cousa, e cando mistura, Ferrín acaba dicindo o que (ao meu modesto entender) son bouttades rancias.
Para mín, Ferrín é un notabilísimo poeta e bo relatista. As súas novelas non me parecen malas, anque podería concordar en que non me parece o terreo en que descola. E a nivel galego, paréceme que non ten sombra.
Iso tampouco quere dicir nada, non nos equivoquemos. Nunha literatura normalizada, Ferrín sería un escritor de tantos, bo pero probábelmente un segunda fila.
Répondre
A
¿consideran entón, unha elipse, unha sombra, un labirinto, unha dictadura

un erro pre meditado, im pasible
Ai, a raxeira, ai a soleira, ver pasar e non asar
Répondre
G
Xaquín falou coma un libro aberto. Aquí fálase dun Icono: Ferrín, polo que símboliza. Que lle dean o Nobel, eu quedome cos relatos do meu veciño - duns 90 anos - sobre o movemento. Ten máis xeito. Que lle imos facer, que non nos vai Ferrín. E só por iso, supoño, xa non somos galeguistas de pro.
Répondre
X
Ferrín é un mal novelista, que non controla ritmos, estructuras nin personaxes. Nos contos sálvase cunha cantas filigranas de estilo. Aínda así, case nunca logra crear "ambiente" nos seus relatos. Persoalmente, os seus contos déixanme frío. Da súa poesía, seguindo o exemplo do dono deste bar, non opino.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité