Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 novembre 2005

TRECE POR DOCENA

Xabier López López, Xurxo Borrazás e máis un seguro servidor (falo de min, non busquen ironías) participamos no experimento que o editor de Navia de Suarna, Constatino Bértolo, fai no compilatorio de contos Trece por docena. Somos tres escritores en galego, tres en euskara, tres en catalán, tres en español e máis un en asturiano, cos que Bértolo intenta dar unha visión global da literatura estatal. Guinda o lema "Literatura en España: ¿Narración de narraciones?" como presentación deste libro de combate que se sitúa contra a identificación entre literatura en español e literatura española. O seu esforzo por dar aire en Madrid ás outras narrativas é fabuloso, pero eu, ¿que queren que lles diga?, síntome cómodo con esa idea e non se me ocorre pensar na literatura galega cando se fala de literatura española. Entendo que os sistemas literarios non se definen administrativamente, senón lingüisticamente, e os da outra beira insisten en cavar a zanxa botándonos a terra por riba. Con todo, o venres aparece ese volume que espero que mude a miña percepción.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Olves, perdoe a desconsideración, pero é que ando de traballo que nin pestanexo. En asturiano: Ramón Lluis Bande.En euskara: Harkaitz Cano, Pablo Sastre, Aingeru Epaltza. En catalán: Iolanda Batallè, Joan Antoni Martín Piñol, Llort.
En castelán: Miguel A Medrano, Anatxu Zabalbeascoa, Javier González.
Répondre
X
En resposta a Olves, coido que o escritor asturiano será Xuán Bello, un autor que escribe en bable, ten dúas novelas traducidas ao castelán e publicadas precisamente por Bértolo en Debate.
Répondre
T
Hai unha coincidencia entre estas reflexións que se derivan do post de Jaure e o que se comenta en Brétemas,o blog de Bragado, ó fío dunhas xornadas sobre a Galicia do século XX na cidade francesa de Dijon. Creo que merece a pena analizar todo xunto.
Répondre
O
Me faltan autores en cheso, panocho, mirandés..., pero creo que la iniciativa es buena. Sería perfecta si en vez de autores en español lo fueran en castellano y variantes.

En cuanto a lo del nacionalismo español dialogando en/con las lenguas de la Península, no creo que se dé nunca del todo, porque habría que asumir una historia que, hoy por hoy, poquísima gente está dispuesta a asumir por estos lugares.

Jaureguizar, ¿sabe quién será el autor asturianu?
Répondre
S
Pois parabéns. Alégrome por vostede e pola nosa literatura. Non se preocupe se esperta pequenas envexas porque, xa se sabe, nunca chove ao gusto de todos.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité