Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 novembre 2005

GONZALO TORRENTE 3

Moitos dos congresos aos que asistín semelláronme concurso de intelixencia e exhibicións de enciclopedismo. Esta fin de semana participei no terceiro Encontro de Escritores Galegos e atopei un modelo distinto, mellor. Luciano Rodríguez organizou un programa moito menos sobrecargado de relatorios e deixou unha marxe temporal ampla para o debate entre os asistentes. Falamos aló de literatura e xornalismo e resultou ben valioso poder intercambiar percepcións e queixas entre escritores e periodistas. As discusións permitíronme descubrir o elevado nivel de coñecementos teóricos dos nosos creadores e a súa carencia de coñecementos sobre o xeito de daren a coñecer as súas creacións; mesmo reparei en que moitos deles ignoraban que non abonda con escribir as obras, que tamén deben ocupárense en vendelas ou en fornecérense de espectadores. Pola miña banda, intentei facerlles entenderen que os xornalistas estamos sobrecargados de traballo e case que sempre tiraremos máis por un Torrente 3 explicado nun dossier de prensa que inclúe fotos de alta resolución que por unha obra de teatro con contidos e reparto que temos que procurar na internet. Con todo, Gustavo Pernas expresou unha iniciativa atractiva: crear unha axencia pública para promover e informar aos nosos medios de comunicación sobre as novidades na cultura galega.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Oollodavaca, acerta ao sinalar a miña contradición. Preferiría eu que a axencia fose privada, pero para iso precisaríamos dunha cultura profesional, pero para iso precisaríamos dun público consumidor disposto a mantela directamente e non por vía impositiva como acontece agora. De todos os xeitos, as propias compañías de teatro deberían poñer interese no seu. Púxenme en contacto onte cunha compañía das maiores e mellores que temos no país para que me informasen sobre unha obra súa. A noticia ía abrir a sección de Cultura de El Progreso (140.000 lectores potenciais) e o director dese grupo atendeume co mesmo interese ca un funcionario despachando un permiso. Esa compañía pretende convencer á concelleira de Cultura de Lugo de que a contrate. ¿Será moito pensar que, se a edil, mira que o Progreso lle dedica o espazo máis importante da súa sección especialiada, será porque o espectáculo paga os cartos para ser contratado? ¿Acontecería algo así cunha compañía catalá ou madrileña? As compañías galegas semellan durmir o sono dos Circuítos Culturais.
Répondre
O
Pública? Non entendo, Jaure, porque adoitas defender (e eu moitas veces apoio) criterios de industria cando falas de dereitos de autor e demais. Por que, logo, che parece ben que se cree unha axencia "pública" para difundir a información da cultura do país? Se se defenden criterios de industria hai que ser consecuentes: vale, paréceme ben, que unha axencia faga difusión da información de cultura do país. Pero que se faga con criterios industriais, que a industria invista na tal axencia, pelas privadas para facer diñeiro, igual que defendemos nós beneficio privado de dereitos de autor. Á fin e ao cabo, para quen será o beneficio da información que producirá a tal axencia? Para a industria, verdade?<br /> <br /> Ou será que teñamos que asumir que a nosa industria editorial (e á teatral poderíamos aplicar varas de medir semellantes por moito que as compañías do país se chamen a si mesmas "profesionais") non é tal "industria", nunca terá características de "mercado" e só pode sobrevivir porque as administracións as apoian e moitos termamos das patas do artefacto para que non caia por puro amor á arte?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité