mardi 22 novembre 2005

MARÍA VICTORIA MORENO FINOU

Reproduzo nota: María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941-Pontevedra 2005), que se estableceu en Galiza 1963 e foi especialmente coñecida polo seu libro Anagnórise, finou esta tarde. Publicou numerosas obras infantís e xuvenís entre as que destacan Mar adiante (1973), Leonardo e os fontaneiros (1986, reeditada en 1999), Guedellas de seda e liño (1999, incluída na listaxe White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Múnic, 2002), Xa non teño medo (1998), A brétema (1999) ou Anagnórise (1988, reeditada en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:11 - Commentaires [2] - Permalien [#]

mardi 22 novembre 2005

GONZALO TORRENTE 3

Moitos dos congresos aos que asistín semelláronme concurso de intelixencia e exhibicións de enciclopedismo. Esta fin de semana participei no terceiro Encontro de Escritores Galegos e atopei un modelo distinto, mellor. Luciano Rodríguez organizou un programa moito menos sobrecargado de relatorios e deixou unha marxe temporal ampla para o debate entre os asistentes. Falamos aló de literatura e xornalismo e resultou ben valioso poder intercambiar percepcións e queixas entre escritores e periodistas. As discusións permitíronme descubrir o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:32 - Commentaires [2] - Permalien [#]