Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 novembre 2005

TAL VEZ IRONÍA

Os organizadores da entrega do Premio García Barros indicáronme que debía sentar na Mesa 3. A noite foi ben divertida, con Camilo Franco sempre á procura do enxeño; con Carlos Lema sempre á procura da excelencia literaria; con Xabier López López, que me ficou lonxe e canso, pero do que, como adoito, aprendín. Faltou Francisco Castro na Mesa 3, na que sentei por indicación dos organizadores. A noite era fresca en todos os sensos. Escoitei a Víctor Freixanes dende a Mesa 3 e houben de termar da emoción cando as súas palabras nos achegaron. Daniel Otero termou do trofeo, que pesaba moito, ata que o pousou na Mesa 3. Avelino Pousa Antelo achegouse ata a Mesa 3 para felicitarme e mesmo Xesús Palmou procurou unha sinatura no seu exemplar de Cabaret Voltaire procurándome na Mesa 3. Cada mesa estaba dedicada a unha das obras gañadoras do galardón, a Mesa 3 estaba consagrada a Tal vez melancolía de Xosé Carlos Caneiro. Enganáranse no nome e puxeran Xoán Carlos.

Publicité
Publicité
Commentaires
S
Tampouco te me ablandes, Santiago, que senon non imos caber todos no medio.
Répondre
J
Xaquín, estou convencido de que foi, pero a empanada estaba exquisita (escapáballe a cebola, pero era saborosa) e a pescada á galega entraba suavemente padal abaixo. A carne un chisco fría, pero viña cunha intensa gornición de verduras e setas do tempo.<br /> <br /> Edu, bromeei con que un político pedise unha sinatura a un membro da canallesca e logo puxen que, mellor que ler o meu libro, mirase o fútbol.<br /> <br /> Sucasas, gusto do Espíritu da Mesa 3 e vou empezar a practicar. Déalle un saúdo da miña parte a Caneiro e dígalle que aínda que non podo evitar que a súa obra (publicada) non estea entre as miñas lecturas, farei por non meterme máis cos seus libros.
Répondre
S
Talvez melancolía... A min gustaríame velos xuntos e calcular a media aritmética. Os dous gañarían.
Répondre
S
Seguidores do "espíritu da mesa 3", os de Pai Arnego de Lalín tivemos a honra de recibi-la visita de Jaureguízar o pasado dia 4, e o vindeiro 16 de Decembro teremos a honra de recibir a Caneiro. A ver se vai ser porque estamos, metro abaixo metro arriba, no centro xeográfico de Galiza...
Répondre
L
Un no es fa més subtil en arribar el temps de la blasfemia. Desconfieu d´aquells que, a certa edat, mai no blasfemen.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité