mardi 29 novembre 2005

JAUREGUIZAR.INFO

O Cabaret Voltaire abre unha nova sucursal. Despois da novela editada por Galaxia e o blog www.cabaretvoltaire.canalblog.com, convértese tamén en páxina web: www.jaureguizar.info. O deseño  de interiores é unha obra mestra de Marcos Sánchez, residente en Londres, barrio chantadino. Picando nos números, poderán acceder a un resumo da novela, unha relación de personaxes e a un currículo inmodesto de Jaureguizar. A maiores, poderán escoitar o mesmo que deleitaba os berlineses dos anos 30 que visitaban tan gloriosos locais.
Posté par Jaureguizar à 09:52 - Commentaires [41] - Permalien [#]