mercredi 16 novembre 2005

A PÓLVORA XUNTOUSE COAS MAGNOLIAS

A foto que aparece hoxe na sección de Cultura da Voz é ben curiosa. O poeta que teima na Revolución marxista camiña canda o banqueiro que defende a Evolución capitalista. A Pólvora e ás Magnolias. ¿Quen é quen? Sirvanse o que queiran, que hoxe fago tarde de lecer, e opinen.
Posté par Jaureguizar à 16:22 - Commentaires [13] - Permalien [#]

mardi 15 novembre 2005

PROMO

Eu non me atrevo a escribir que os libros que reciben o Premio Planeta son malos, pero unicamente porque nunca lin un. O que si me atrevo é a defender que están estupendamente promocionados. Reclúen os gañadores nunha sala do Hostal dos Reis Crentes e os citan a razón de periodista/vinte minutos. Con iso, saben que cada xornalista vai quedar contento de contar co entrevistado sen atrancos e concentrado no seu labor, e de ter unha entrevista de seu (ao non ser carne de rolda de prensa colectiva). Planeta asegura así que a promo vai... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:59 - Commentaires [26] - Permalien [#]
lundi 14 novembre 2005

ANDRÉS BARBA, PREMIO TORRENTE BALLESTER

A Deputación da Coruña entregou o Premio Torrente Ballester o escritor madrileño Andrés Barba, segundo se soubo hai un bocado. Ráchase coa norma fáctica de concederllo a unha novela en galego e unha en español sucesivamente, porque ano pasado fora para Luísa Castro, e se confirma a norma fáctica de que o vencedor sexa coñecido.
Posté par Jaureguizar à 13:27 - Commentaires [18] - Permalien [#]
vendredi 11 novembre 2005

EU SEI DAS PRÉSAS

Aínda non se apagaron as luces da última homenaxe, todos o querían moito, encarnaba a dignidade nacional, escribiu en galego cando se che podían poñer os pelos coma escarpías, campo de Santa Isabel, regato do Cepelo, unha árbore aco e outra acolá ... bla, bla, bla... todo deus fala del, non falta no país quen o loube, bla, bla... Lin na Nosa Terra que se venderon 45 exemplares das súas obras completas. Eu sei que lin a cifra de corrido, eu sei que o xornalista escribiu de corrido,... non podo crer que este país sexa tan cínico.
Posté par Jaureguizar à 17:57 - Commentaires [20] - Permalien [#]
jeudi 10 novembre 2005

QUERO SABER OS NOMES DOS CORRECTORES

Ducias de oterianos axeixan ás portas do meu Cabaret Voltaire armados con perigosos dicionarios de mira telescópica. Deixan comentarios no foro de Vieiros e neste mesmo blog ameazando coa súa curiosidade en saber que parte do estilo da novela é miña e que parte lles pertence os correctores. A min esa curiosidade paréceme un chisco perxudicial para o seu fígado e intento negociar. O asalto final desas elites vocabularistas vaise producir o vindeiro día 21, cando a novela estea nas librarías. O meu argumento é o de sempre, aínda que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:56 - Commentaires [16] - Permalien [#]
mercredi 9 novembre 2005

CABARET VOLTAIRE ( ASÍ COMEZA A NOVELA)

Os hoteis son todos idénticos agora. As cidades imítanse entre elas. ¿Quen diferencia un hotel doutro senón o idioma que fala o recepcionista? ¿Quen distingue entre dúas avenidas de diferentes localidades sen valerse dos letreiros? Antes as árbores brillaban de singularidade, pero a moda de prantar xermolos de ámbitos alleos confundiu todo. Consecuencias da modernidade. Soamente van tres décadas deste século XX; cando remate, os humanos se verán empurrados contra as estremeiras das urbes para saberen en que país se achan; aló poderán... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:48 - Commentaires [33] - Permalien [#]

mardi 8 novembre 2005

PRIX INTERALLIÉ POUR HOUELLEBECQ!!!

Houellebecq estará quitando o suor da fronte. Tras perder un Goncourt anunciado e do que fachendou canto puido, levou o Interallié, o galardón que pecha a tempada francesa. Non pasa de ser un recoñecemento de consolación. A mín Houellebecq non me dá a talla dun Goncourt  e pode moito que ver que Bernard Pivot afastou á academia que o concede dos pulos comercias. Houellebecq quitou o suor e os editores de Fayad, que pagaron 1,3 millóns de euros polos seus servizos literarios, dando choutos. Polo de agora, vendeu 200.000... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:55 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 7 novembre 2005

A LEVIDADE

A autêntica foi unha das derradeiras novelas de Saul Bellow, un dos escritores que temos coma favoritos Martin Amis e máis eu. No meu caso, debe de ser porque me lembra a John Updike. Remateina o sábado entre un apañe de castañas montés coa miña filla e unha conversa noturna coa miña muller e pensei que Bellow sería quen de facer unha novela mangífica con iso e non un traballo de cumprir como o que fixo McEwan en Sábado (Xesús Fraga discrepa, Flocon de Neige dáme a razón en que McEwan está en declive ). A virtude de Bellow era captar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:13 - Commentaires [2] - Permalien [#]
dimanche 6 novembre 2005

A EDICIÓN 'SERIA'

O venres foi un día divertido: pasei dende as once da mañá ata a unha da madrugada falando de libros. Con todo, a xornada comezou no Simposio de Editores participando nunha aburrida mesa redonda sobre edición e Internet. Falamos máis do pasado que do futuro, cada un dos poñente referiuse ao seu proxecto e eu creo que os editores pretendían que falásemos do futuro, do que poden facer eles para incorporárense ás novas tecnoloxías. Pola tarde, escoitei unha mesa sobre blogs na que, amáis de rir coas ocorrencias de Martin Pawley, soamente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:28 - Commentaires [3] - Permalien [#]
samedi 5 novembre 2005

EU PROPOÑO (INUTILMENTE) A GONSAR

Leo a Voz para informarme de quen é o Escritor do Mes da Asociación de Escritores en Lingua Galega e the winner is Luz Pozo Garza. Déixame perplexo ter que ler un medio concreto para saber dun recoñecemento que debería figurar en todos os medios nacionais e fiquei atordado ao imaxinar o proceso de selección do autor do mes. Eu non me sinto identificado literariamente con Bernardino Graña (persoalmente si, é un home ben afable) e menos con Luz Pozo; son dous señores maiores que escriben unhas poesías que, segundo leo, son... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:12 - Commentaires [6] - Permalien [#]