Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 décembre 2005

O HAMLET DE BRAXE E TOSAR

Na mañá leveu unha alegría ben alegre e cedeira, o Hamlet de Braxe e Tosar, que será montado cunha maioría de investimento privado. Un pasiño máis para que Galiza poida empezar en aspirar a imitar a Cataluña e facer cultura de seu (na súa lingua) con empresarios destemidos poñendo cartos. Na Coruña, o 17 de febreiro, logo. Malia que, ao contrario da mairoría e dos críticos, Hamlet non sexa o meu personaxe favorito dos que inventou Stratford-Upon-Avon; porque tanta edipismo e tanta inseguridade resolta en arroutada cansan (o pasado sábado estiven mirando a versión que rodou Laurence Olivier). Eu, sempre preferín o mantelo (que din en Ribadeo) de Macbeth, manexado por esa muller tan sofisticada; debe de ser que me identifico. Tranquilos, a miña dona non le Cabaret Voltaire.   

Publicité
Publicité
Commentaires
G
Ha, ha, ha...É unha forma saudable de che dicir: gastei 12 euros na túa novela. O gusto é subxetivo. Pero xa che dixen que a lerei con entusiasmo. Admiro, por certo, a túa afouteza. Xa o sabes. Nun rinconciño do meu bilioso corazón xermola o aprezo por ti.... Ben, voume deitar e a noite irei de marcha ao Cabaret. Se me deixa a fera con cacolas...
Répondre
J
Goretti, tivo vostede ben de sorte en aforrar a pasta. Canto ao meu libro na papeleira, confío en baixo o cueiro do seu pequeno haxa unha bonita actividade de book crossing e non atope unha horrible dóse de fracasing.
Répondre
G
Hi, how are ti?. Hoxe atopei a túa novela tirada nunha papeleira, na alameda. Está algo comesta pola rosío, con máculas de chourizo nas marxes... Atopeino cando ía guindar un cueiro no meu rapaz, así tamén lle afectou á portada, pero paseille unha servilleta desas alcanforadas e luce como unha patena. Ben, que empezo a lectura un tanto rezagada. Non me fixei moi ben, pero tamén se lle caeu algún palito ás "bes". Ven, leona ( arg arg ) de valde, que non é pouco.
Répondre
J
Coñezo a película, mesmo a teño gravada en vídeo, pero o foi a película que me escarallou o aparello, así que non puiden mirala.
Répondre
C
Non sabemos retirar parénteses, meu?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité