ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA, PREMIO CAIXANOVA
O xurado do IV Premio de Poesía Caixanova decidiu hoxe outorgarlle o galardón a Arcadio López Casanova pola obra "Herdo do canto", que foi presentado baixo o lema "Orfeo". O certame, dotado con 10.000 euros, é o de maior dotación do panorama literario galego e un dos mellores que se realizan nas diferentes linguas do Estado. Arcadio López-Casanova naceu en Lugo en 1942 e actualmente é catedrático en Lingua e Literatura Española na Universidade de Valencia. Poeta e ensaísta, é unha das voces máis relevantes da súa xeración e ten recibido os premios Adonais e Tiflos por poemarios escritos en castelán.
Commentaires sur ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA, PREMIO CAIXANOVA
Iso do bilingüismo ten corda, sen dúbida. Pero os de Caixanova tíranse un pouco o moco tamén. Fíxate nos últimos premiados. Que casualidade de Raña Lama o recibise o ano pasado? E o caso de María do Cebreiro? Uff… Seguro que pro ano que vén danllo ao teu amigo. Que te xogas?. Parabéns para Casanova.
Non lin moito de Casanova. Pero cheguei por azar a un texto del (Liturxia do corpo. Himno) e creo que soio por ese xa merecería un premio. PArabéns pra el!
Sen dúbida, xenial Arcadio López-Casanova. En hora boa para un grande amigo!
Arcadio López Caixanova
¡Vostede falando dun premio de poesía! Acabará por sair o poeta que leva dentro, todo é cuestión de ler unhas poucas veces máis 'A illa do tesouro' ou, no seu caso, de pillar unha boa lascarda de ron (por manter a coherencia).
Tío Pepín, sigo sobrio. Metín esa información pola mañá, cando aínda non entrara en teletipo para que os clientes do Cabaret Voltaire puideran ser os primeiros en informarse, pero xa ve que non lle puxen entusiasmo ningún.
Entusiasmo ningún, o meu, pola obra de Jaureguizar. Hoxe quemei un libro del na biblioteca perto da miña casa, pero ninguén, penso, o botará a faltar.
Acabo de ler a nómina do xurado. Hai a algún que lle vai o sabor da sonetil banana. Xa mirarás...
¡Home, Carlos! Polo menos gravaría en vídeo a sua acción para que poida usala como promoción goebeliana. Ben, se cadra, agardo demasiado de vostede agora que amosou capacidade para comunicarse sen insultar e me fixen ilusións.
Adorada Goretti: ¿A quen te refires co iso de sonetil banana? Interésame moito. Eu tamén teño a mosca na orella...
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=1100586
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :
