Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 décembre 2005

PREMIOS EDICIÓN 2005

Para o Premio Ánxel Casal ao libro do 2005, os candidatos finais son Historia da educación e da cultura en Galicia, de Antón Costa Rico, publicado por Edicións Xerais; Herba moura, de Teresa Moure, da mesma editorial, e Non sei cando nos veremos, de Anxo A. Rei Ballesteros, editado por Galaxia.

Ao Premio Lois Tobío ao libro traducido do 2005 optan a versión galega de Manhattan Transfer, de John Dos Passos, obra de Mercedes Pacheco (Ed. Sotelo Blanco); a tradución de O gatopardo, de Tomasi di Lampedusa, de Xavier Rodríguez Baixeras (Galaxia), e a versión de Carmen Torres París e María Dolores Torres París de A república dos soños, de Nélida Piñón.

As obras finalistas na categoría de Libro ilustrado do 2005, Premio Isaac Díaz Pardo, son Catro poemas galegos de Lorenzo Varela, cos gravados orixinais de Luís Seoane (Ediciós do Castro), Dez contos de Andersen (Ed. Galaxia), con debuxos de Kiko da Silva, e Millor que dicila fora pintala... 50 anos de Merlín e familia (Ed. Galaxia), ilustrado por Fausto Isorna.

O Premio Fernández del Riego á cooperación no labor editorial e Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor autor ou autora do ano daranse a coñecer no transcurso da Noite da Edición.

Así mesmo, a AGE entregará dous galardóns de honra á Editorial Sotelo Blanco e a Edicións Xerais de Galicia, en recoñecemento ao seu labor durante 25 anos de edición.

Publicité
Publicité
Commentaires
S
Diante da catedral que fixo Antón Costa en honor de Santa Educación e Cultura en Galicia, todo o demais palidece. É a miña modesta opinión, pero podo discutir.
Répondre
J
Canto saiba os seus nomes, publicareinos.
Répondre
F
E os autores finalistas do Xosé María Álvarez Blázquez?
Répondre
N
O Fernández del Riego seguro, seguro, que llo dan a cartafol dos libros. Poño a man no lume.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité