Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 décembre 2005

GOD BLESS GALIZA

Brooklyn follies de Paul Auster será editado en febreiro por Galaxia, Raymond Carver aparecerá en Sotelo Blanco con prólogo de Luísa Castro. Eu vexo pouca relación entre Luísa e Carver, pero todos os libros dunha nova colección da editora comopostelá irán editados con limiar dun escritor galego. O proxecto de Sotelo está paralizado porque Rivas non dá entregado o seu prólogo para un escritor irlandés de cuxo nome non me acordo (nin pa diós).

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Moi ben o de Auster e o de Carver, pero a ver cando se meten a editar Hermann Melville, Charles Dickens, Dashiell Hammett, Raymond Chandler, Arthur Schnitzler, Stefan Zweig, etc, etc, etc. Con ou sen subvencións xunteiras.
Répondre
F
Despois do de Manhattan Transfer xa ái sendo hora que o meu amado Carver se publicase en galego. Agardo que saquen unha edición sen o prólogo da nena de Foz para poder mercalo.<br /> A mansedume do Carlos supoño que será porque anda a automedicarse lendo as túas obras.
Répondre
J
O Carlos rabudo provocábame máis, pero prefiro a este achega con mansedume os mesmo puntos de vista suxestivos e de connaisseur.
Répondre
S
Jaureguizar, agora que estamos tan relaxados, podíamos poñer aquela que tanto lle gusta ó Carlos...¿Como se chamaba, Carlos?
Répondre
C
Suroeste, vostede tamén o notou? É a proximidade do Nadal, síntome como o mr. Scrooge do conto de Dickens. Pero o soño que mudou a miña actitude foi co Jaureguizar do pasado, do presente e do futuro. Que xa é soñar.<br /> <br /> Agarde ás rebaixas e terá o Carlos rabudo de volta. Pisoteado e ultraxado, unha vez máis, nas portas duns grandes almacéns. Non falla.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité