19 décembre 2005
EDITORES CON MICRO
O malo de ser editor é que nunca podes explicarte. Polas súas obras coñeceredeos; pois iso. Pero explicarse, o que se di explicarse, ou es Herralde ou quedas coas gañas. E os editores galegos teñen moitas gañas de explicarse en público e eu acredito en que organizaron A Noite da Edición para facelo a eito. O sábado participei nesa primeira cerimonia de entrega dos Premios da Edición e todo estivo minusiosamente preparado e pautado e así se desenvolveu no convento de San Francisco en Compostela ata que chegaron os propios editores, tiraron de micro e se explicaron.
Canto os premios en si, considero que é unha iniciativa moi positiva, aínda que os que nunca levan premios din que sobran os galardóns galegos. Percibo mesmo necesario que os editores se pronuncien sobre os produtos que eles fan. Sotelo Blanco e Xerais, que levaron un polos seus 25 anos, quedaron co que se repartía. O premio a Senín pareceume xusto e necesario; os de Ferrín e Luís Seoane, xustos, pero pouco audaces; o de Antón Costa, xustísimo, aínda que tamén sería audaz premiar a Rei Ballesteros, ese xenio desaparecido no balbordo cultural.
Conto que en vindeiras edicións haxa un Premio á Audacia, ou, cando menos, un Premio o Editor do Ano, que recoñeza o labor da Factoría K, por apostar polo álbum para adultos; de OQO Editorial, por defender o valor da ilustración mesmo en libros para nenos, ou de Nacho Chao en Tambre, por afastarse desa narrativa solidario-exótica que esmaga a nosa escrita para rapaces.
Commentaires
Juare, ¿poderiamos engadir un premio para o mellor autoeditor? Xa postos...
unha idea estupenda, como todas as súas, Señor de Lalín 2000.
+
Eu suxiro un outro premio + para o mellor inédito.
Con Fernán-Vello na clausura botarían unha boa soneca, quero imaxinar.
Mira que é malo este Carlos! De calquera maneira, Fernán Vello mantén, a custa de non durmir moitas veces, unha gran colección de poesía. Ben sei que hai libros nela prescindibles, mais é un síntoma de normalidade que haxa algo de todo.
Perdoe a miña ignorancia, pero ¿por que lle deron a Méndez Ferrín o premio ao escritor do ano? ¿Que fixo no 2005, ademais de conceder unha longa entrevista?
Vén de quitar 'Contra Maqueiro', pero é poesía e xa sabe o que opina o meu médico sobre a poesía.
Señor Jaure. ¿Non pensa que esto dos premios en calquera especialidade acaba sendo unha merenda de negros? Os premios, así entendidos, naceron como un recoñecemento a obras ou autores dignos de mención pero que polo funcionamento da industria ou porque non tiveron a repercusión necesaria quedaron no anonimato. Agora dan premios ata os constructores, e repiten o guión dos Oscar das tropecentas nominacións aos mesmos e o seu saco de estatuiñas.
http://www.vieiros.com/publicacions/opinion.php?id=46636&Ed=38
http://www.vieiros.com/publicacions/opinion.php?id=46636&Ed=38. Perdoade, pero nin sei poñer un enlace.
Claro, e non me dirá que ese libro que acaba xustiño de saír ao mercado hónrao como escritor do ano na opinión da maioría dos editores galegos, que xa tiveron tempo de lelo e valoralo dun xeito moi positivo...
Non era mellor que lle chamaran "Premio Ao Mellor Escritor Do Mundo Mundial Na Opinión Do Poeta Alegre E Asociados", e xa estaba? Non vou entrar a falar dos méritos de XLMF, o que me parece absurdo é consideralo "autor do 2005"...
Retruca Jaure !!!!!!!
Agardamos impacientes a túa reposta as acusacións do panadeiro que tan oportunamente enlaza Sucasas.
Eu recomendaría un duelo no adarve da muralla de Lugo, el con barra de pan e ti ocn bolígrafo :-).
Retransmitido por Canal +, con moitas cámaras para velo dende todos os ángulos, con repeticións a cámara lenta, e os comentarios de Robinson, Pampín e JJSantos, as entrevistas ós padriños dos contendentes...¡Non me digades que non sería fermoso de ver! O sangue esvarando polas pedras da muralla...¡Deus Santo!
Debe de ser un integrante da conspiracion lectora. Por certo, Pio Baroja tanmén che era panadeiro...
Ao pan, pan, e ao viño, viño.
Que conste que non teño nada contra os panadeiros, gosto moito de Carral a Cea do pan deste país e teño en moi alta estima a todos aqueles que o amasan coa sáus mans.
Outra comentarista
Sucasas esqueciches á nena de Foz para que faga as conexións en directo cos seareiros a pé de murralla.
Pío Baroja era fillo de panadeiro, mais el era médico, non é?
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=1127440
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :