Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 décembre 2005

LECTURA PARA AS ELITES

Unha mesa do Asasino de Compostela acolleunos onte os dous mellores escritores nacionais (Xurxo Borrrazás e Xabier Löpez López), a dous dos poucos editores do estado con criterio e que a maiores publican o que lles peta (Constantino Bértolo e Carlos Lema), e máis a min. Catro de nós viñamos de presentar Trece por docena; un compilatorio cun salientable conto no que Borrazás xoga novamente a súa fortuna ao trece vermello logrando facer saltar a banca do casino un conto ateigado de sexo e sorpresas, e no que Xabier López (magnífico estilo, viva ironía) estraga unha boa idea por ennovelala de máis sendo un conto. Xabier apuntara na rolda de prensa que a lectura debe seguir sendo un vicio solitario de elites e eu concordo con el tras escoitar a reflexión na mesa: ler require unhas horas de vagar, un espazo independente, unha calefacción ou un ventilador para ter unha temperatura agradable, un estómago cheo, silencio acolledor, cartos para mercar libros ou unha biblioteca cercana para poder escoller; ler é unha actividade que nega a posibiidade de que exista un lumpenproletariado.

Publicité
Publicité
Commentaires
M
O que eu non entendo é por qué carallo o señor Cordeiro tenta de por á lexión indíxena en pe de guerra (é un dicir, e un dicir daquela maneira) porque o señor Caneiro non escribe ou deixa de escribir.

E logo non é o señor Caneiro unha persoa (suponse), maior de idade (acredito) e responsable dos seus actos?

Acaso é o señor Jaureguizar tan importante ou, no seu defeito, influinte?

Xa postos, qué significa ser importante?

Apertas (como diría Santiago, pero o de Lugo) riscadas,

Matías Bruñulf
mividacomounchino.com
Répondre
N
Esta entrada merece o nobel, ou un recoñecemento da UNICEF. jAJAJA.
Répondre
N
Jajaja. Meu deus!
Répondre
C
Eu leo mellor no retrete, cando o peido obriga.
Répondre
E
É dicir, eu sempre digo que se pode facer o amor e ver a tele a un tempo, pero non ler un libro.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité