Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 décembre 2005

NOBELICEMOS A RIVAS

Xa llelo contei algunha vez. Ánxel Fole, cada vez que comprobaba no Progreso que o propuxeran para o Nobel, tiraba a cavicha da boca e exclamaba: "¡Que tolos están!" Agora, varios colectivos nacionais repiten o erro pedindo o Nobel para Ferrín. Como se non quedara xa claro destas alturas que as haxiografías que se lle escriben acó son ignoradas en Suecia. ¿Por que non probamos con Rivas? Dirán moitos de vostedes que a súa obra está en declive a conta de facela xirar sempre ao redor dos mesmos recursos temáticos e ideolóxicos, pero cando menos ten traducións no exterior e acadou unha presenza notable nos suplementos de cultura con O lapis do carpinteiro.

Publicité
Publicité
Commentaires
O
Tíñavos abandoados, que non esquecidos... coa carallada das festas (espero que sobrevivades).<br /> Pois tal e como está o patio das letras galegas... o Nobel nin polo forro. E se xa ben dicía Fole o de tolos aos que o propuñan... ¿cómo andará o país cando o mellor -ou un dos mellores- segue a ser Méndez Ferrín? Pero nada para o Nobel. Por non ter, a literatura galega non ten apenas escritores para entrar nun canon europeo. Xa non quedan Cunqueiros....
Répondre
J
Os da Fundación Curros Enríquez van traducir dúas obras de Ferrín para o sueco coa fin de apoiar a súa candidatura. Todo quisque nobelizable sabe que é o primeiro que hai que facer. Aquí vimos de informarnos, estamos ben de carallo...
Répondre
B
xa suponía eu, aínda non peiteando tantas canas, que no mundiño da literatura profesional importan ben máis outras cousas antes có que un escriba. aínda así, sigo pensando que non se pode propoñer a alguén para un Nobel por propoñer. porque se me din que o maior mérito de Rivas para facelo acredor ó devandito premio é a súa obra non llelo creo ni jarto de vino.<br /> felices festas para todos.<br /> e, Jaureguizar, eu se fora vostede pensaríame ben o da tal candidatura. a min eses suecos ás veces parécenme de Verín.
Répondre
S
Saúde e moita felicidade. Polo Nobel aínda terán que agardar un pouquiño vostede e mais Rivas, pero o importante é que os leamos aquí de momento. Vexo difícil que llo dean a un escritor galego, mais é bo non renunciar a propoñer nomes.
Répondre
G
BO NADAL A TODOS OS QUE CONVOCA SANTIAGO, O DONO DO LOCAL.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité