A nova Lei do Libro determina a creación de varios premios nacionais en cada un dos xéneros habituais nestes casos. A Xunta pretende cumprir esa disposición, mais constata que os numerosos recoñecementos gremiais (Irmandades de Libro, Premios da Edición, Premios da AELG, etc.) acaben por restar peso aos seus. A idea é facer confluír todos (ou a maioría) nuns únicos premios institucionais e dotados xenerosamente. Quen pon máis atrancos son os libreiros e os seus galardóns son asemade o maior atranco porque están subvencionados por Cultura, un departamento seriamente lastrado polas Pirámides de Goiás. Eu entendo que os Nacionais con imprescindibles, pero tampouco están de máis os gremiais como recoñecemento de cada sector os seus profesionais; iso si, reducindo o seu número, quero dicir, que, no canto de entregar cinco, entreguen un ou dous.