Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 janvier 2006

CAIXA MASOQUISTA SOBRE 'CABARET VOLTAIRE'

Prezados clientes:

O bote das propinas foi habilitado para as súas suxestións acerca da novela matriz deste local. Opinen logo sobre o libro Cabaret Voltaire:

Publicité
Publicité
Commentaires
B
Jaureguizar, rematei de ler a novela. non sei facer crítica en serio -nin querería, de saber-, pero esta é a miña opinión:
ata a páxina 100 ou algo máis, correspóndese bastante ben co anunciado a respecto dela. logo atópoa algo fragmentaria. para min non constitúe defecto, quitando a certa dificultade que lle pode supoñer ó lector medio ou como queira que se lle chame por acó a quen le libros sen o lapis de suliñar na man. supoño que esa fragmentación é premeditada, considerando a predilección que ten manifestado -ou así o interpretei- pola novela fronte ó relato.
esa primeira parte resulta orixinal e entretida. non entendo logo por qué lle gusta tando Updike.
na novela abundan os párrafos didácticos, e nalgunhas fases mesmo semellan gañar en peso ás accións dos personaxes. eu non coñecía antes case ningunha das anécdotas, polo que me aproveitou a súa lectura. pero, se quere vostede chegar a Nobel, penso que o que debe facer é despistar ós suecos e metelas todas en elegantes e densas notas a pé de páxina, desas con letra pequeniña e apretada. á marxe de aparcar as camisetas no armario, bien sûr.
sobre ese presunto maltrato da lingua que se lle atribúe, só atopei grallas, erros de imprenta. e algunha palabriña de diccionario (anque se di que case tódolos escritores meten algunhas nas súas obras, para non ser acusados de carencias de vocabulario), e algunha frase verbalmente exuberante. ¿seguro que non andaría folleando algún libriño diso que afirma dificultarlle a dixestión?
no global, a novela paréceme algo un tanto curioso, e ambicioso, neste sistema literario tendente á endogamia. se Mitteleuropa puido acada-la condición de clásico, non vexo por qué o Cabaret Voltaire sería menos lembrado.
Répondre
C
http://www.premura.com/archivos/foros.htm
Répondre
S
Grazas, Ximena. Lin Ébora e agora estou con Cabaret Voltaire. Amais de agradecemento ós dous, pretendo saber que é eso que os distancia tanto á hora de escribir.
Por outra banda, creo que todos estamos de acordo en que fai falta animar á lectura, tanto polo ben dos lectores coma dos escritores, e calquera cousa, por pequerrecha que sexa, penso que paga a pena.
Répondre
X
Lin os comentarios de Sucasas ós libros de Caneiro e teus. Gustáronme e sorprendéronme. É unha forma de dar a coñecer as obras facendo unha inmersión subxectiva e cachonda nas súas páxinas. Non é crítica literaria académica, pero anima a ler. Noraboa, señor Sucasas.
Répondre
S
http://www.joseluissucasas.com/din/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=18&mode=thread&order=1&thold=0
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité