Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 janvier 2006

A PROVOCADORA CRÍTICA DE EYRÉ

No último número de A Nosa Terra, Xosé Manuel Eyré publicou unha crítica da novela Cabaret Voltaire. Lina coa mesma devoción discípula coa que leo os outros seus traballos seus. O principio pode ser máis provocador, mais habería que esforzarse abondo: sitúame na liña xeracional de Otero Pedrayo, sabendo como sabe que o único Otero que me interesa é aquel cantante que estivo casado coa actriz María José Cantudo. A seguinte referencia é Risco; si, hai moita Mitteleuropa nesa novela, hai unha nova toma en consideración da tensión entre a conservación da identidade de nós e a ollada internacionalista necesaria para progresarmos como nación. Pregúntase polo feito de ser nazi o protagonista: o meu K procura a súa identidade individual un colectivo que facía proselitismo dun ideario identitario de gran intensidade, como foron os nazis. Constatada a derrota bélica do rabaño no que entrou para sentirse alguén, elixe o amor cara unha persoa forte (a serea Nuria) como xeito de atopar abeiro de autoestima. Os inmigrantes son unha ameaza para integridade do seu grupo (o que lle confire o sentirse ben consigo) e por iso acaba sendo racista, se ben un xenófobo que intenta enganarse a si mesmo, como nos acontece a maioría dos europeos.

Eyré observa un desleixo no meu estilo. Soamente podo constatar que eu son novelista, non prosista. O estilo é a excusa dos poetas para agochar as súas eivas no tempo de escribiren novelas. Eu preocúpome da estrutura, dos personaxes, dos puntos de vista, das ambientacións, do ritmo,... e o estilo son fogos de artificio que distraen a mirada de todo iso. Ferrín é un bo prosista, Gonsar un bo novelista; o que non acontece ao revés.

Publicité
Publicité
Commentaires
K
Concordo con Xaquín. A prestancia no uso da lingua, en todo caso, debémosllela pedir a todos os escritores, escriban no xénero que escriban. E torzo polos novelistas que se esmeran co léxico, entre os que non inclúo aos que se decantan pola simple ourivería ou pola filigrana.

Por certo, Xaquín: en beneficio dos que, coma min, toman apuntes dos parladoiros deste bar, cómpre aclarar esa cambadela que lle fixo a memoria. O dos "eventos consuetudinarios que acontecen en la rúa" contábao Machado no "Juan de Mairena". Pero xa ten mérito abondo que aludise a esa obra e que lembrase o fragmento enteiriño. A cousa é que nunha clase de retórica, o apócrifo Mairena manda saír ao neno Pérez ao encerado e pídelle que poña en linguaxe poética a tal frase. E é cando o cativo escribe "Lo que pasa en la calle". E dille Mairena: "No está mal".

Espero que non mo tomasen pola fachenda. Machado reclamaba o uso dunha lingua natural e popular. Eu, popularizar aínda máis a autores coma el. ¿E teriamos nós algún que se lle imitase?

Jaure, así que principie febreiro léolle a novela. E polas referencias que teño non hei ser tan crítico como daquela primeira vez.
Répondre
C
concordo con jaure en que o ferrín non é un gran novelista, e conste que no ventre é o seu mellor caso, en caso contrario, probade a ler o regreso a tagen ata a ver qué tal vos vai.
novelas con estilo, novelas sen estilo... amis e nabokov son grandes prosistas capaces de non matar a historia, e tamén west, capote, fitzgerald. Faulkner ou joyce eu penso que non entran en clasificiacións tan básicas.
e despois os da escola de flaubert, le mot juste, e todas esas cousas.
persoalmente eu gosto dos estilistas tanto como dos contistas, e non vexo por que hai que tomar partido por un ou outro bando.
por último, os realmente grandes, faulkner ou joyce son capaces de suspender esa diferenciación un pouco escolar entre estilo e fondo, ou é que alguén podería contar o go down moses doutra maneira, ou o monólogo de molly bloom?
saudiños
Répondre
J
Asumo a miña ousadía, Ollo de Vidro. O comentario non se abriu para falar de Ferrín, mais é moi positivo marcharmos de tema porque dá moita vida ao local e debatemos sobre o que lles interesa.
Répondre
O
Carái, señor jaureguizar, coido que calificar a Ferrín como novelista de mediana calidade para despois recoñecer que só lle leu unha novela é cando menos algo ousado. ¿Non abondaría con dicir que "No ventre..." lle pareceu a vostede unha novela de mediana calidade?

Eu disinto bastante co que aquí se dixo de Ferrín tanto por vostede como por outros lectores. Paréceme sen dúbida que Ferrín é mellor contista e poeta que novelista, pero reducir a súa obra a un mero exercicio de estilo é, dende o meu punto de vista, excesivo.

En calquera caso, tampouco abriu vostede este post para falarmos de Ferrín.
Répondre
F
Concordo con Xaquin e réndome ante a noite da Aurora de Gonsar, do mellor que lin nos ultimos anos. En relación con ferrín concordo tamén co exposto, eu quedeime co deslumbrante descobrimento do Perceval e de Pólvora, o que viu depois superoume e non lle din pasado das catro primeiras follas do libro.
Esa dicotomía barroquismo/minimlalismo en relación co estilo é estéril, hai bos e malos libros en calquera das dúas bandas.Ademáis entedendo que a responsabilidade do autor ser intelixíbel aínda sendo barroco, eu gosto de colleitar verbas fermosas dos diccionarios ou noutros libros e empregalas cando escribo , pero pensando sempre tanto na beleza e no ritmo do discurso coma na comprensión do texto como lector e non para epatar aos burgueses e aos filólogos .
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité