vendredi 13 janvier 2006

UNHA VOLTA DE FERNÁNDEZ PAZ

¡Vaia medo, mamá Raquel! non é o mellor que lle lin a Fernández Paz. Empeza dun xeito moi agardable. Con todo, o presidente da República da LIX sabe darlle a volta contra a fin e resolver moi satisfactoriamente. O talento acaba sempre por agromar. Fran Jaraba cumpre coa súa función, nada máis. O que lle pido a un ilustrador é que, sen marchar moito do texto, elabore un discurso de seu.
Posté par Jaureguizar à 12:24 - Commentaires [1] - Permalien [#]