Suso de Toro terá novela do trinque para primeiros de febreiro. Entregarallo daquela á súa tradutora para que o publique Lumen en español no mes de maio. Un mes antes, poderemos lelo na versión orixinal; en Xerais, claro. O escritor avanza que o libro "estará entre o experimentalismo de Tic Tac e a narratividade de Trece badaladas". Abranguerá uns douscentos folios cos temas habituais nel: as relacións cos pais, a duplicidade, a identidade persoal, a creatividade. Admiro de De Toro a súa inquedanza por evitar repetirse e estou contento de que volva investigar nas técnicas.