Alicia rematou o seu paseo polo país das marabillas e sentou ao abeiro dun carballo. Pensou daquela que se a Asociación de Escritores en Lingua crease unha asesoría xurídica podería facer reclamacións conxuntas por todos os asociados que non cobran que sumarían milleiros de euros e serían efectivas.
Commentaires sur ALICIA VOLVE SOÑAR
- A AELG xa anunciou para este ano a creación da asesoría xurídica. Mesmo non sei se non estará creada xa ... O que dubido é que poida facer unha reclamación colectiva... Como tería que facer? Denunciar a unha editorial? Instar unha investigación neste eido a nivel galego?
- O curioso é que entregan contratos, mais despois non os cumpren. Todo o mundo sabe quen son. Mais non creo que se faga moito ... Quizais por aquilo bíblico (non o digo en sentido moralista) de non apagar o "pábilo" -como era en galego?- que fumega. Quero dicir que xa está todo tan minusvalorado que ao mellor non é bo sacar estes trapos á vista. Mais -reflexiono- se cadra conviña para que se fixese un balance real do que hai ...
- os ilustradores tamén esmos igual... máis información na web da nosa asociación
http://agpilustracion.org/index.php - EsquizofreniaTeñen toda a razón tamén os ilustradores.
Isto das editoriais galegas é un auténtico escándalo !!!!!
Pero o máis esquizofrénico do asunto é que sexa precisamente Cesáreo o que leve a voz cantante da reivindicación (totalmente xusta), cando a editorial que el preside, A Nosa Terra, é unha das máis piratas de todas, que non paga nin unha cadela aos autores.
Tas tonto o qué!!!!! - Segue presidindo Cesáreo "A Nosa Terra"?
Encabeza Cesáreo a loita polos dereitos de autor? Teño entendido que esta cuestión non foi el quen a sacou na asemblea de escritores ...
"A Nosa Terra" -semanario- págalle a uns e emprega a boa vontade doutros que escriben "pola causa" -Cuala?, que diría un asturiano - segundo teño entendido... Este debate é bo, mais pon medo porque ... diaño de país, todo xoga en contra del. - Segundo o que se entenda por "sector amateur". Se se quere dicir que os escritores-as galegos non viven exclusivamente da literatura, pois si. De facelo, xa estarían mortos case todos. Se se quere dicir que o deles non é traballo experto, que son simples afeccionados, pois mire vostede, haille de todo como en calquera literatura normal. O que sucede que este é un país sen normalizar despois de moitos -coido que 23 ou 24- anos de lei de Normalización Lingüística. Hai poucos lectores e, deses, menos aínda que lean en galego. Logo hai bastantes editores que, de se arruinaren, supoño que pararían de editar. Non o sei. Mais á hora de facer as contas, de quen se esquecen é dos primeiros "culpables" de que os libros existan. E, por último, Matías Bruñulf, a súa pregunta é inocente? Un cordial saúdo de alguén que non escribe máis que nestes lugares, mais gosta destes temas.
- Pode ser a miña filla bonita cando en realidade é fea? (Dos dereitos das nais a chamarlles fermosas).Recibo o cordial saúdo e mándolle outro.
A ver, como vostede sabe, o "non sí", o "isn´t it" (conxúguese como proceda), o "né" ou, como escribía servidor, o "non é", por poñer algúns exemplos, serven para enfatizar ou reforzala frase que vén antes, frase que, neste caso, era unha afirmación: despóis do lido, aquí e alá, e do observado, por ahí adiante, entendo que o sector (por chamalo dalgunha maneira, pero tal vez iría dende o escritor ao lector, orixen e fin) é amateur.
Mais ninguén debería sentirse atacado por dicir iso, porque non é nada persoal -se fose: contra quén?- e, precisamente, é un comentario ao que chego despóis de tantas e tantas lecturas dos comentarios verquidos aquí, a pé de barra.
Apertas. - Era escritor "profesional" Juan Rulfo? Marca a profesionalidade o número de exemplares vendidos?
O sistema ou nonsistema literario en que se producen as obras? Entendo, dalgún xeito, a súa resposta, mais sigo como estaba. Vostede sabe coma min que moitos dos súper vendas de todos os tempos non foron escritos polo que se coñece por escritor profesional.
E, seguindo no asunto, "La Voz de Galicia" vende moitos exemplares, mais tampouco paga as colaboracións puntuais que pide aos escritores. Claro que non sei se eles teñen un catálogo de profesionais e non profesionais e só lles pagan aos primeiros. - Baía paga, O Cumio paga, Sotelo Blanco paga. Supoño que hai máis que pagan aínda que sexan pequenas editoriais. O perigo sería que no país non houbese máis que dúas ou tres editoriais porque, como se garante a pluralidade? Teñen que pagar, a Xunta debe controlar o emprego dos cartos públicos, pero ollo, non vaia ser que controle tamén as editoriais.
- O GALO MERCENARIO...Interesante o escrito de un tal Xavier Baixeiras con respecto este tema, noutra sección deste bar. Parece que a barra estivo animada ata altas horas:
Santiago, mellor Jaureguizar, un selo ou marca que pronto se atopará protexida no Rexistro da Propiedade Industrial de Madrid.
Queda ben falar das utopias, entre outras temáticas das túas novelas, gañando uns cantos millóns polo premio dunha editora que soio fai cartos ca edición para o ensiño. Moita utopía para logo preocuparse tanto da PROPIEDADE intelectual. Soio escribes, dende o teu pedestal destructivo, sobre os dereitos de explotación, para nada falas dos dereitos morais, que sen dubeda todos os editores galegos respetan facendo un esforzo dificil de comprender nestes tempos.
De que estas a falar JAUREGUIZAR, de 100 ou 200 libros vendidos en catro anos...? Se calculamos o 10% dache para un xantar co teu amiguete de galaxia.
En realidade soio moves a cresta coma un galo para que as pitas da túa airexa pensen que vendes moitos libros e que igual que din os arxentinos todo o mundo te rouba... Tí que traballas tanto a temática da verdade e da mentira nas túas novelas manipulas descaradamente a verdade. Pode que a tí che pague xerais ou galaxia pero non establezcas verdades definitivas que lle conveñen soio o teu servicio de mercenario e polo tanto o teu peto. Constame que somos moitos os que nos deben parte dos dereitos tanto Xerais como Galaxia. A min tanto me ten. Doume por ben pagado con que me publiquen. Non me quita o sono ningunha propiedade... nen sequera a intelectual. Tampouco se me enche a boca con utopías.
Nouveau commentaire