Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 janvier 2006

DOUS RAPACES

O instituto monfortino da Pinguela convídarame a dar unha charla hoxe. Afronto unha gavela postadolescente á que debo entreter durante unha hora. Como adoito, improviso un sinxelo obradoiro de conto para que os rapaces non se aburran, comprendan a facilidade de crear unha narración básica e que todo, mesmo eles e as súas circunstancias, serven para facer un conto. As aulas que visito están sempre repartidas entre un grupiño de rapazas lectoras e liña de fogo, unha masa indiferente que se estende pola parte central e unha panda de mozos con sobredose de testoterona contra o fondo. Empezo preguntando ao conxunto da clase polo fútbol para quentar un chisco o ambiente e lograr que se solten a falar. A seguir, escollo o mozo que máis fala de entre o grupo do fondo para que sexa protagonista do conto, anulándoo para as chanzas cós seus dese xeito. En Monforte atendín a esas normas que me foi aprendendo a experiencia e, inopinadamente, foron dous rapaces (homes) os que máis falaron.

Publicité
Publicité
Commentaires
R
Eu comprendo perfectamente que Jaure (pronúnciese á francesa) guste de vivir ben.
Eu tamén: gusto das alfombras de importanción, da madeira nobre en mobles ben deseñados, dun viño de calidade cando se convida aos amigos, dunha roupa que me acáia ben, dunha selecta e actualizada colección de CDs orixinais (nada de baixar da rede, que vulgaridade adolescente!), de bos libros e de bos amantes [a colocación non implica orde de prioridades].

Isto é, non nos enganemos, a auténtica espiritualidade!
Répondre
E
Jaureguizar nos parece muy bien lo de tus miras inmateriales pero mi esposo (ilustrador) y yo fotografa no veremos con buenos ojos, si algún día nos contratas, que Edicións Karramarro no pague nada y alimente unicamente tú ego.
Répondre
C
Soio esperamos que no futuro prediques co exemplo, e sen excusas, cumpras os dereitos de autor, ainda que teñas que percorrer Galicia co teu coche, covertirte en encatador de serpes cos periodistas, e pagar os tantos porcentos que pactes ainda que non comas. Esperamoste, e vamos a ser tan implacables coma tí.
Répondre
J
Mozo que Máis, vostede non estivo no acto, leu a información de prensa. Por iso intenta amolarme con tanta torpeza. En Monforte falaron sobre todo os rapaces porque é o que intento sempre nos institutos. Eu ben pouco falo neses actos.
Carlos Bragado, eu non intento dar pena. Sinxelamente, intento seguir sendo en Lugo o señorito que fun na Mariña. O televisor de plasma é algo vulgar e pretencioso e as miñas altas miras empezan a ser inmateriais. Edicións Karramarro é un vello proxecto que pode que axude nese senso.
Répondre
C
Como dí Rakel imaxinamos que o Sr. Jaureguizar xa debeu de cambiar o sofa. Na toilet xa intervira cando gañou o Xerais e predicou con tanta gracia que era un placer ducharse.
Curioso, un señorito da costa de Lugo como vostede, intentando darnos pena. Na carreira de limiares, conferencias, pregóns e noveliñas chegará o día no que Sr. Jaureguizar merque a televisión de plasma e poña rumbo a obxetivos e cotas máis altas que poderían vir das subvención a edición que espera obter ca súa cacarexada editora.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité