mardi 31 janvier 2006
ESCREVA O SEU PRÓPIO ROMANCE LOBO ANTUNES
Unha das mellores revistas culturais de Europa marcha. Despídense na rede, coa mesma acidez e lucidez que os caracterizou sempre.
lundi 30 janvier 2006
DOUS RAPACES
O instituto monfortino da Pinguela convídarame a dar unha charla hoxe. Afronto unha gavela postadolescente á que debo entreter durante unha hora. Como adoito, improviso un sinxelo obradoiro de conto para que os rapaces non se aburran, comprendan a facilidade de crear unha narración básica e que todo, mesmo eles e as súas circunstancias, serven para facer un conto. As aulas que visito están sempre repartidas entre un grupiño de rapazas lectoras e liña de fogo, unha masa indiferente que se estende pola parte central e unha panda de... [Lire la suite]
vendredi 27 janvier 2006
ALICIA VOLVE SOÑAR
Alicia rematou o seu paseo polo país das marabillas e sentou ao abeiro dun carballo. Pensou daquela que se a Asociación de Escritores en Lingua crease unha asesoría xurídica podería facer reclamacións conxuntas por todos os asociados que non cobran que sumarían milleiros de euros e serían efectivas.
jeudi 26 janvier 2006
OS CINCO DEDOS DE ALICIA
"Érase unha vez un país chamado Galiza no que había unha lingua de seu e mesmo escritores que contaban, poetizaban e reflexionaban nesa lingua de seu. Nese país, había uns editores que negociaban os contratos de edición con todos os autores; si, con todos, ata con aqueles rapaciños inéditos que desesperaban por publicar. Porque nese país negociábase; si, acordábase libremente a cesión de dereitos a todas as linguas, a entrega da exclusividade por períodos de quince anos, as porcentaxes dun 7 ou un 8 por cento sobre as vendas. Ao... [Lire la suite]
mercredi 25 janvier 2006
O TERCEIRO HOME
Agustín Fernández Paz e máis eu debatemos sobre o uso da primeira persoa como narradora. El usa ese recurso na súa vindeira novela, Corredores de sombra (hai información en El Progreso do martes, 24 de xaneiro). Defende que lle permite facer máis crible a personaxe. Eu utilizo sempre a terceira persoa porque a primeira impídeme contar cousas que lles acontecen a outros personaxes e que o principal non coñece e mesmo non debe coñecer; tamén porque podo narrar feitos doutros ámbitos e doutros tempos. Fernández Paz permitiume ler un... [Lire la suite]
mardi 24 janvier 2006
OS HUMANIMAIS DE PACO MACÍAS
O ruxe-ruxe anunciou o peche de Positivas, pero Paco Macías desmínteno cos humanimais traducidos para o galego. Os que poden cesar na súa actividade son os da editorial coa imaxe corporativa máis bonita do mundo.
lundi 23 janvier 2006
O PAI ESPÍA DE CORTEZÓN
O sábado presentei Cabaret Voltaire en Ribadeo. Era obrigado. Entre os meus amigos e os amigos dos meus pais dei xuntadas unhas vinte persoas; unha multitude para escoitar falar sobre un libro. Coma procuro, fun só, a corpo descuberto e sen adulador. Referín unha anécdota que aparece no libro: no ano 1942 o cónsul inglés en Ribadeo paseaba unha noite co médico políglota Mario López Durá (o pai dos López Rico do BNG) pola baixada da Vilavella cara ao peirao de Figueirúa (agora chamado Mirasol) e alguén disparou contra eles dende o... [Lire la suite]
vendredi 20 janvier 2006
MURAKAMI FAILLE AS BEIRAS A KAFKA
Desculpen que hoxe abra tan tarde. É que me chegou un novo Murakami e esquecín do local. Se prefiren compartir barra cun inglés, poden facelo.
mercredi 18 janvier 2006
ENTRE 'TIC TAC' E 'TRECE BADALADAS'
Suso de Toro terá novela do trinque para primeiros de febreiro. Entregarallo daquela á súa tradutora para que o publique Lumen en español no mes de maio. Un mes antes, poderemos lelo na versión orixinal; en Xerais, claro. O escritor avanza que o libro "estará entre o experimentalismo de Tic Tac e a narratividade de Trece badaladas". Abranguerá uns douscentos folios cos temas habituais nel: as relacións cos pais, a duplicidade, a identidade persoal, a creatividade. Admiro de De Toro a súa inquedanza por evitar repetirse e... [Lire la suite]
mardi 17 janvier 2006
A MÚSICA DO AZAR
A música do azar cesou de soar no noso sistema literario. Galaxia conseguiu os dereitos de Brooklyn follies tras os que andaba outra editora nacional. Carlos Lema, agora galáctico xa editara a Auster en Sotelo Blanco. Xa lles contara que o primeiro idioma no que apareceron os últimos libros de Auster é o dinamarqués, vantaxes que concede ao seu amigo editor, Per Kodof.