jeudi 9 février 2006
A RESURRECCIÓN DE BRUGUERA
A vella Editorial Bruguera resucita vinte anos depois (pechouse no 86) e inicia unha nova andaina baixo a dirección de Ana Maria Moix. O orixinal é que creou un premio que vai ter un xurado unipersoal; desta volta será Eduardo Mendoza. Presentáronse 300 orixinais e fallarase o vindeiro mes de marzo e terá unha dotación de 12.000 euros. Tirou xa El faro, de P.D.James e El amante extremadamente puntilloso de Alberto Manguel e vai tirar Lukumi de Alfredo Conde en español. Dicíalles eu o outro día que Conde había publicar en Ediciones B,... [Lire la suite]
jeudi 9 février 2006
PIDO DESCULPAS Á ACEL
Quero pedir desculpas aos críticos galegos que pertencen a Asociación Española de Críticos Literarios polo meu comentario Luciano e os sete. Redacteino incorrectamente e, por mor diso, enténdíase o contrario do que eu quería dicir. Luciano Rodríguez, Armando Requeixo, Ángel Basanta, Vicente Araguas, José Antonio Ponte Far, Xosé María Dobarro Paz, Olivia Rodríguez, Teresa Seara e Xulio López Valcárcel: pido a cada un de vostedes desculpas por esa gralla maldita.