Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 février 2006

PLANIFICACIÓN

Empezamos a imitar un país normalizado culturalmente. Mesmo co equipo que dirixe Ánxela Bugallo empezamos a imitar un país avanzado a respecto doutros. Temos un calendario de celebracións editoriais para o 2006 redactado pola Comisión do Libro. Abrirase o próximo 24 co Día de Rosalía. No mes de marzo, as datas escollidas son o 21 e o 27 deste mes, xa que se celebran os días mundiais da Poesía e do Teatro, respectivamente. Nos días 2 e 23 de abril, Cultura ten previstos programas especiais nos días internacionais do Libro Infantil e Xuvenil, e do Libro; mentres que maio será o mes adicado á Festa da Lingua, coa celebración o día 17 das Letras Galegas. O verán estará centrado na banda deseñada e na ilustración, seguidos de outubro, no que se conmemorará o Día das Bibliotecas. Ademais, ó longo do outono o departamento dedicarase unha semana á literatura de tradición oral. O calendario de actividades pecharase o 17 de decembro, cadrando co nacemento do galeguista Anxel Casal, cunha xornada dedicada ao mundo da edición en Galicia. Salientaría do calendario que non se centra nos de sempre, nos escritores, e atende tamén os editores, os bibliotecarios, a tradición (coa literatura oral) e a modernidade (coa banda deseñada).

Publicité
Publicité
Commentaires
R
Agora que xa entran as miñas mensaxes, afirmo solemnemente que Jaure e máis eu non somos a mesma persoa, como vostede pensa sr. Leiras Burrado. Nin somos amigos, nin parentes, nin nos coñecemos persoalmente, nin veciños, nin residentes en...
Vostede sr. Leiras Burrado fai honor aos seus apelidos: as súas lerias non son máis que unha burrada tras outra.
Culturízese un pouco, aprenda a escribir, e deixe de ser un resentido, home, que xa ten idade suficiente como para superar, dunha vez por todas, esas traumas infanto-xuvenís.
Répondre
J
Voume poñer moi serio, Baixeras. Por unha única vez. Nunca uso seudónimos porque nunca escribo nada que non estea disposto a defender e non creo personaxes paralelos porque iso podería afectar á credibilidade (maior ou menor) que poida ter o que escribo baixo o nome real. Adoito evitar as descualificacións e os insultos, máis cando se refiren a cuestións persoais (non sempre cando se refiren a cuestións literarias). Non teño nin idea de quen é Rakel, lmítome a participar no seu xogo porque me divirte.
Répondre
R
Esqueciame constestar ao señor Leiras Burrado:
Non, eu non lle son palanganeira do V.F., nin de ninguén, nin lle teño padriños, nin os busco, nin os quero. Será que non teño aspiracións e que son unha conformista?
Répondre
R
Verbo do de Tosar, por que ese onimoso silenzo?
Répondre
X
Rakel, ou o palanganeiro do V.F.
Escribo como me peta, non comezei a falar galego o pisar a praza de Mazarelos.
Non vivo de guieiro dunha normátiva en mans de moitos conversos.
Non saío polas noites, entre sombras, a vivi-la verdadeira vida.
E mantería o tipo ainda que non me chegara o galo ou o capón.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité