A novela Herba moura de Teresa Moure será publicada por Lumen en español. Aparecerá en setembro en tradución da propia autora e vaise titular Hierba mora. Moure está redactando agora a versión española doutra novela súa, A xeira das árbores, que Olegario Sotelo Blanco vai quitar en Ronsel na primavera. Se queren saber máis, terán que consultar onde sempre.
Commentaires sur HIERBA MORA
- Paréceme ben que a literatura galega traspase fronteiras. O problema é que a vendan aquí tamén en castelán. Por desgraza, moitos escollen a versión castelá. Mesmo alumnos cando se lles recomenda unha obra. Xa ve como está o panorama do Galego ... Espero que pronto trduzan tamén o seu Cabaret.
- Este Galego? Daquela hai outro? Mais o menos conservador, mais ou menos castelanizado, máis ou menos correcto, somos os que mellor o falamos do mundo. Ora ben, outra cousa é que seguimos nunha longa tradición de ler en Castelán. O Galego só para usos orais. E, claro, agora tamén ese uso se perde entre a xente nova. Non será vostede dos que pensan que a culpa é de "o galego normativo"? Sería descoñecer o peso dos medios de comunicación aos que agora a xente nova ten un acceso que non tiveron outras xeracións ...
- outra vez "este galego"Mira que aburren coa leria esa de “este galego”. Como se houbese un milleiro entre os que escoller. E como se o xeito de falar o castelán dos vigueses ou dos sevillanos diferise menos de como escribe Sanchez Dragó, que o que difire o galego oral de Redondela, da escrita de Francisco Castro. Carallo, que en ningunha parte de mundo se escribe igual que se fala. Que non somos (cando menos neste rexistro) tan rariños!!!
Como aburre todo isto xa, la hostia. - Black grassO normal sería que se a novela acada un recoñecemento en Galicia, acompañado por un éxito de ventas, unha editorial española se fixase en ela por considerala interesante para o seu pais. Incluso sen exito comercial, un editor que avente a literatura, que comece a ter boas referenncias dela pola súa lectura de calidade en galego pode decatarse que promete. Ou incluso mais verosimil neste caso, que independentemente do exito da saúa edición en Galicia, vexa que poida funcionar no mercado español por puro oportunimso temático...feminismo....
Non nos podemos felicitar de que se traduza ao español porque a sua edición española non deixa de ser unha interferencia no sistema literario galego.
Unha Novela traducido ao español semella no ambiente da literattura galega unha consagración. e exerce unha presión sobre a súa valia que dsitorsiona a valoración literaria.
Especaialmente cando se traduce así, sen todabía ter coallado por boa ou mala en galicia.
É un rasgo de diglosia, de conflicto en que o xigante intercede por favoritos e protexidos.
Herba Moura ten todabía que asentarse en Galicia. Nos tempos da globalización toda ten que ser rapido, e as traducións case simultaneas, mais Galicia é a que é e non asimila a velocidade que debería, lamentabel, si , mais o asumimos ou cambiamos de idioma.
Herba moura se tanta presa ten de exito debería ser escrita en Ingles.
Mais o mercado non sería o mesmo
nin tampouco o español
Mais é mais doado entrar nomercado español de periferica galega traducida. Aparecendo como se xa tivera un exito no seu pais, que está por demostrar.
Nouveau commentaire