O Pen Club galego vén de conceder os seus Premios Rosalía de Castro. Un xurado integrado por Luís González Tosar, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Bieito Iglesias, Marilar Aleixandre, Ursula Heinze e Modesto Fraga decidiu, de entre as propostas dos socios do colectivo, que Isabel Allende tiña a traxectoria máis salientable en español. Porén, paréceme xustos os recoñecementos a Agustina Bessa Lluís, en portugués, e Arantxa Urretabizkaia, en euskara; en catalán, optaron por Josep Palau i Fabre, de quen ignoro case que todo.
Commentaires sur O PEN CLUB PREMIA A ISABEL ALLENDE (ENTRE OUTROS)
- Por favor!Isabel Allende? Por favor!
Unha émula e epígona de García Márquez, pero sen a súa capacidade nin a súa orixinalidade.
Literatura de sala de espera de aeroporto.
Todo, todo moi bonito, tan bonito e impostado que fai trousar.
Estes do Pen calquera día van premiar como ensaísta a Jiménez Losantos! Só lles faltaría iso. - Ainda que non teñas paixon pola poesía recomendoche un volumende Josep Palau i Fabre editado polo Circulo de Lectores. O titulo agora non o recordo pero tiña un limiar de Juan Goytisolo. Tamen ten un longo estudo sobre Picasso.
Por certo da miña biblioteca o por a novela cabaret voltaire no seu andel xurdiu un posibel titulo para unha novela de Isabel Allende que poderia despois levarse o cine " Amote no Cabaret Voltaire".
Despois desta inspiración mirei cal era o seguinte libro da biblioteca é era de Hoderlin. O sinto pero a poesia tiña que soster a novela. - Raqueliña...Os bamdos, sempre os bamdos... como se nota que o palanganeiro non corta do bacallao no Pen Club e a saber que outros intereses agachas...
Que ten de malo ler nos aeroportos, malandrín. Si viaxaras un pouco máis, no pelo che luciría..., e verias que, nas esperas, a xente le de todo... Reflesca a ollada e molla a túa face na palangana; aproveita que para algo che ten que valer. - Que cargante es, Leiras!Xa che dixen, Leiras, que Jaure e máis non somos a mesma persoa. El tamén cho dixo. Pero ti erre que erre. Que cruz! Que cargante de tío!
Mira, Leiras, se a ti che gustan as ñoñerías da Allende, alá ti e o teu pésimo gusto. Seguro que es dos que gustan ten o salón da casa chea de marcos de prata.
Ah, viaxar!
Algúns, por moito que viaxen, non lles afecta para nada. A outros e outras que si viaxamos moito, si que nos afecta positivamente porque temos a mente capacitada para ampliar as nosas perspectivas. Non é o teu caso, Leiras Burrado. Non tes solución! - Raquel ou o palanganeiro ou quen sexasAhí me han dado...! non entendo tanta teima, si tí non es o palanganeiro...
E si o eres asume a túa identidade e non nos confundas.
Dende logo, sempre me pareceu extraño o punto de vista da persoaxe. Podes ser un gran editor, aida que moi discutido, pero non tes moita capacidade para construir unha persoaxes.
Deberías sacar a carauta por respeto a iste bar. - Rakel, no creo que nin Leiras tome en serio que vostede é un personaxe meu. Pola mesma razón que non callaron as acusacións de que o propio Leiras era un personaxe meu. Creo que os personaxes están de máis porque o local está abondo animado. Aínda que non o estivese, tampouco os usaría. Non me gusta.
- Pois tampoucoRefíreste, Leiras, a que eu (muller sen armas tomar) son un home de cabelo branco travestido? Pois tampouco acertas desta vez. Creeo, home, creeo.
Vouche dicir a verdade: son unha muller ludicamente divertida e aceda (bastante descoñecida), e un chisco esquizofrénica que gusta de múltiples personalidades, segundo o seu humor do momento.
E todo por animar este antro marabillosamente infecto, cheo de fumes e desexos innominables de fracasados da vida, que montou o amigo Jaure un lonxano día que lle deu por coller febre, cando vivía nos anos vinte, naquela época gloriosa e dura na que había que vivir ao día e sen protección.
(Por favor, Leiras, non poñas máis "craro", pon "claro", que é o correcto). - Pois non son euNon, non son.
A verdade é que tampouco sei moi ben quen é a de nome de santa, sóame algo de oír falar dela nestre antro de pecadores como amiga do Jaure ou algo así.
Pero non che son eu, estate seguro (ou segura?). En todo caso, se a confundes comigo, debe ser unha tipa estupenda (e tamén guapa?). - Goretti, digo Rakel: Eu non sei se a tal Goretti é guapa ou fea. Supoño que é guapa coma ti e simpática e provocadora coma ti.Eu son Salsa polas iniciais do meu nome e primeiro apelido. Por iso non puxen "Salso", nin prebe nin mollo. Tampouco é pola música e baile homónimos. Vaia, que eu non procurei a ambigüidade, veume dada.
- Desilusión!Vaia, que desilusión!
Eu cría, Salsa, que o teu pseudónimo o puñas porque es moi marchoso/a, ou porque che gustaba tal música.
Non me digas que es un/ha aburrido/a, e que hoxe nin sequera saíches tomar algunha copa. (Eu acabo de chegar agora mesmiño, estou un pouco chispa... e mañá teño que erguerme ás 8:00, meu deus!). (o Jaure seguro que xa está na cama, soñando cos anxiños). - Alégrome moito!Alégrome moito que sexas tan bailarín/a e tan marchoso/a, querido/a Salsa.
A ver se quedamos un día destes e lle botamos un bailes e uns risos, que boa falta fan para todos.
A xente anda demasiado estresada e vai moi "mal follá".
Relaxémonos, gocemos da vida, e para iso qué mellor que un bailes, unhas copas e uns risos.
Saaaaaaaaaaaaalsaaaaaa!
Bicos de Rakel. - Habemos de ir a Viana!Por suposto, Salsa, habemos de quedar para, por exemplo, irmos a Viana a botar uns fados e uns portos gran reserva. Levaremos con nós ao Jaure, a modo de escopeta, e ao Leiras, para que nos serva de chofeur. Ao tiñoso do Cirano non, que ese nunca pagaría as copas e querería andar de gorra toda a noite.
- IntertextualidadeO de Viana, como ben te decatarías, é unha referencia intertextual ao grande fado do mesmo título da inmensa Amalia Rodrigues:
havemos de ir a Viana,
ó meu amor, algún dia.
Se o meu sangue
nâo me engana
havemos de ir a Viana.
Pero tomado tamén literalmente é perfecto.
Qué riquiño/a es, Salsa. Un bico. - Si, miña amiga: "Se o meu sangue non me engana / como engana a fantasía / habemos de ir a Viana ...". Riquiña-o é vostede, sen dúbida. E, desde logo, non é o amigo Jaure, que non di cousas tan lindas. Gostará el do fado? Non o imaxino levitando con "Lágrima" ou "Nin ás paredes confesso", por poñer só dous exemplos. Aínda que, cousas veredes, Sancho, porque coa serea aínda poetizou, diga el o que queira.
- Todas as Noiteboas, dende que eu lembro, meu pai quita unha guitarra española e deleita aos seus fillos cunha completa sesión de fados (Amália, sobre todo) e de cancións satíricas portuguesas (que ignoro se teñen denominación de seu). O curioso é que o meu pai é biscaíno de Bermeo e toda a súa relación con Portugal é de visitalo.
- Mariza e tamén outras!Cantas afinidades electivas! Así dá gusto.
Por suposto que Mariza é a deusa do novo fado, perfecta combinación de tradición e modernidade.
(De feito, mañá hei de ir ex profeso a Ourense a un recital seu. Comprenda Jaure que por Mariza faga ese esforzo e non pola presentación do seu libro)
Pero tamén hai outras espléndidas novas cantantes portuguesas de fado, menos coñecidas entre nós.
Mafalda Arnauth, por exemplo. En especial o seu penúltimo disco "Encantamento" (2003).
Nel hai, entre outras marabillas, unha poética e delicadísima canción que había conmover a almas sensibles como Salsa e Jaure.
Titúlase "No teu poema", onde di: "No teu poema /Existe um verso em branco e sem medida / un corpo que respira, um céu aberto / Janela debruçada para a vida".
Ah, póñome sensible, e case choro.
Bicos e apertas para os amigos deste cabaret. - O pulimento do tempoÉ que o Jaure antes era un "alborotador y jaranero", iconoclasta e rabudo. Pero despois, co paso do tempo e, sobre todo, cando comezou a mercar en Ikea e a poñerse un xarsei de colo negro, foi atemperando a súa ferventía xuvenil e bravú, facéndose serio e responsable.
Reproduce o esquema da revolta xuvenil cara ningunha parte típico da pequeno burguesía con aspiracións: da pensión sórdida ao duplex en Lugo, dos fanzines a El Progreso, de gustar das guitarras distorsionadas tocadas só con tres acordes básicos ao fado máis sofisticado.
O noso Jaure é así, e por iso o queremos tanto. - Rakel, vostede coñece demasiado ben a miña biografía como para que non empece a sospeitar dos meus amigos de Lugo (¿ou de Santiago?) Prefiro que non conteste e manterme na ignorancia, divírteme o seu xogo. Canto á miña evolución pois fico boquiaberto, pero así foi. E, como di, Salsa, a cousa segue. Confeso (con tanta vergoña como vaidade) o novo paso que dei: piso alugado por un ano en Ribadeo.
- Poi eu, que non acredito nas musas, dígolle que, como as sereas, habelas hainas en Ribadeo. É a vila máis fermosa do Norte de Lugo. Estou seguro de que alí vai facer grandes cousas... mesmo poesía. Non é que se vaia propoñer facela, é que ela o vai asaltar calquera noite e vostede vai caer rendido perante a súa forza. Repare en que non digo engado nin beleza, digo forza. Prepárese.
- AdiviñanzaA súa evolución, caro Jaure, é moi predecible e prototípica. Só basta con contemplar o mundo en plan zen para decatarse de cómo funciona, e, xa que logo, cómo funciona vostede, cómo funciono eu, cómo funciona el, ...
Habíase levar unha sorpresa maiúscula se soube quen son: "No soy de aquí / ni soy de allá /
no tengo edad / ni porvenir / ni ser feliz / es mi señal / de identidad". - A forza da poesía, acépteme a chanza, Salsa, é como as das botellas de champán. Eu non porfiaría tanto en que vou escribir poesía porque pasei quince anos da miña vida en Ribadeo; dende os tres ata os 18 (os anos determinantes en calquera biografía). Eu considéroa a miña vila de referencia, por moito que amole a Curuxa, e intento que os fillos do basco-estranxeiro boten raíces alí. Diante da tolemia de intentar mercar algo, atopei un alugueiro ben baratiño.
- O da poesía élle unha brincadeira que lle gasto. Ben sei que Ribadeo non é novo para vostede, mais non me negará que ten moito de lírica, por dicilo dalgún xeito, a súa necesidade de regresar. O que di a canción:"Uno vuelve siempre/a los viejos sitios/donde amó la vida/ y entonces comprende/como están de lejos/las cosas queridas." Estoulle facendo a competencia a Rakel, que tamén acode moito ás cancións. Xa non o amolarei máis co da poesía.
Nouveau commentaire
Amais o panorama da literatura espñol xa está ben premiado, e Allende e farto coñecida pola Galiza, Bessa Luis non, e paga a pena