mardi 28 février 2006
O LABOR DE CESAR ANTONIO MOLINA
Escoito poucas loubanzas para o labor bonito que está facendo César Antonio Molina como director do Instituto Cervantes a prol da nosa cultura. Hoxe anunciou en Mondoñedo unha Biblioteca Álvaro Cunqueiro en Damasco, que será un dos referentes da nosa cultura no exterior. Recoñezámoslle a xeira, veña.
lundi 27 février 2006
PREMIO ALFAGUARA PARA SANTIAGO ROCANGLIOLO
O escritor peruano Santiago Roncagliolo, de 31 anos e residente en Barcelona, gañou o Premio Alfaguara de Novela con Abril vermello, unha historia ambientada nos últimos 25 anos de Perú e que fala da influencia da violencia na vida da xente. Insisten en resucitar o Boom, pero para iso precisan de talento.
lundi 27 février 2006
VISTO BO A VILLARES
Touriño deu o seu visto bo ao de Villares. Entre os seus había reticencias porque o candidato fai o que cre que debe facer, sen aceptar influencias; pero o presidente está ben asesorado.
vendredi 24 février 2006
UN CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Si, marcha, pero haberá que agardar ata mediados de abril para que voten, ¿ou?
jeudi 23 février 2006
O PEN CLUB PREMIA A ISABEL ALLENDE (ENTRE OUTROS)
O Pen Club galego vén de conceder os seus Premios Rosalía de Castro. Un xurado integrado por Luís González Tosar, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Bieito Iglesias, Marilar Aleixandre, Ursula Heinze e Modesto Fraga decidiu, de entre as propostas dos socios do colectivo, que Isabel Allende tiña a traxectoria máis salientable en español. Porén, paréceme xustos os recoñecementos a Agustina Bessa Lluís, en portugués, e Arantxa Urretabizkaia, en euskara; en catalán, optaron por Josep Palau i Fabre, de quen ignoro case que todo.
mercredi 22 février 2006
EU LANCEI A MIÑA OPA
Hai quen defende que se deben escribir novelas sobre Nada citando ao autor que escribiu a mellor teoría da novela sobre Algo. Eu discrepo.
mardi 21 février 2006
CHEGOU O DÍA
e chegou a romaría: Presentación de Cabaret Voltaire. Hoxe. 20.00. Galería Sargadelos. Compostela
lundi 20 février 2006
EXCUSAS
A preguiza, a choiva, o viruxe, o fútbol, a presentación dun libro, recoller os nenos na clase de piano, pensar en que non vou contar nada novo, o peche tardeiro do xornal, visitar o primo Raúl no hospital, argallar na PDA para conectala co ordenador, unha película de Ken Loach en DVD, facer trainspotting, tomar os viños na Rúa do Franco, xogar o partido de fútbol sala, unha exposición en SCQ, colocar as cortinas na sala, conseguir cita para o paint ball, pintar a pantalla do Antroido, pranchar esa morea de camisetas,... sei que teñen... [Lire la suite]
jeudi 16 février 2006
HIERBA MORA
A novela Herba moura de Teresa Moure será publicada por Lumen en español. Aparecerá en setembro en tradución da propia autora e vaise titular Hierba mora. Moure está redactando agora a versión española doutra novela súa, A xeira das árbores, que Olegario Sotelo Blanco vai quitar en Ronsel na primavera. Se queren saber máis, terán que consultar onde sempre.