vendredi 3 février 2006
ARREDOR DE SI (MESMOS)
Alfredo Conde reflexiona algo moi sensato no último número da revista Dominical: "Un dos últimos redutos de Europa con capacidade narrativa é Galicia [...] salvando un grupo importante de grandes escritores, a maioría dos autores galegos son profesores universitarios que ensinan a mesma asignatura, len os mesmos libros, toman os viños nos mesmos bares ás mesmas horas e nos mesmos bares, casan coas mesmas rapazas e divorcian da mesmas mulleres... ¿Pode haber unha enorme variedade temática e ambiental? Circulan sempre arredor do... [Lire la suite]
jeudi 2 février 2006
A CASA GRANDE DA EDITORA
Reproduzo a contestación dos editores ás informacións da Voz:
"Diante das informacións aparecidas nestes días nas páxinas dalgún medio de comunicación arredor do tema dos dereitos de autor, ou mellor, do impago dos dereitos de autor por parte dalgunha editorial, e do debate que se está a producir, parécenos obrigado facer, dende a Asociación Galega de Editores (AGE), algunhas puntualizacións:
-O pago dos dereitos de autor e a transparencia na liquidación dos mesmos é un dereito... [Lire la suite]
mercredi 1 février 2006
CUBA SEGUNDO CONDE
A Editorial Galaxia edita Lukumí, a nova novela de Alfredo Conde, que presentará Ediciones B en español. No libro, Conde segue a historia do mulato Estevo, descendente de escravos africanos. O personaxe conta a historia da familia da súa nai, bailarina do cabaret Tropicana, e descendente de escravos lukumís, que preferiron suicidarse antes que seguir sometidos. Estevo tamén é fillo dun galego chegado a Cuba para colaborar coa nova sociedade comunista, xeira que o desilusiona. Os devezos frustrados acaban por modelar ou destino de... [Lire la suite]