Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 mars 2006

O PINCHACARNEIRO DE PAASILINNA

Reunir un ladrón, un militar, unha vella, dúas prostitutas, un taxista, un policía e un raposo na mesma cabana de Laponia e facelo crible é algo que lle debe estar acoutado a Arto Paasilinna. Se ao comezar o libro me din que vai chegar a ese pinchacarneiro non asinaría nin polas obras completas de John Updike en galego. O caso é que o finlandés leva xa unhas trinta novelas e zumega oficio a cada páxina. Ás veces forza un chisco as situacións, ás veces repite truco (o da salchicha), mais o resultado é tan áxil e divertido, está tan admirablemente construído que todo se lle perdoa.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
A novela de Paasalinna é ben divertida, non lle quito mérito; pero a serie Conejo é un monumento literario-nacional. Ao longo das 1.500 páxinas que pode ter o proxecto en conxunto (e que presumo de ter lido, que para iso pasei a xeira) hai momentos aburridos e innecesarios, pero io é agardable.
Répondre
B
eu falaba da comparación porque me parece difícil equiparar a estes dous autores. para o meu gusto, bastante máis entretida esta novela de Paasilinna que calquera da serie de Conejo de Updike.
Répondre
J
Oscar, o da salchicha é un audaz a primeira vez, ocorrente a segunda polo paralelismo, gracioso a terceira, pero a cuarta... con todo, a novela encantoume.
Répondre
J
O de Updike non era unha comparación literaria, desculpe. Expresaba algo que me encantaría poder ter e ler.
Répondre
O
A gracia do truco da salchicha está precisamente en repetilo, penso eu. Xa se sabe que "o home é o único animal que tropeza dúas veces coa mesma salchicha conxelada".
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité