vendredi 31 mars 2006
UXIA
Gocei moito neste día cos catro libros da personaxe Uxía que nos editou Nacho Chao. Usa cores básicas e combínaas con feliz harmonía.
vendredi 31 mars 2006
ANTÓN PATIÑO REGUEIRA
A primeira, única e derradeira vez que o vin foi en Monforte, nunha debate sobre arte nos medios de comunicación. Daquela non o recoñecín, mais recoñecín no seu xeito de vestir (un pano vermello anoado ao pescozo) e mais no seu bastón enérxico un home que percorrera varios países; escoitei nas súas palabras un home que merecía ser cualificado de culto. Hoxe váiselle render homenaxe, será ás oito na Fundación Caixa Galicia situada na rúa do Médico Rodríguez da Coruña.
mercredi 29 mars 2006
OUTRA ONDA DESACOUGANTE NA RADIO GALEGA
A Radio Galega segue sometida a ondas que desaougan os que somos seus escoitantes. O comité de empresa convocou unha asemblea para o venres (31 de marzo do 2006). A xuntanza foi promovida con 57 sinaturas de traballadores, máis dun terzo do persoal, para debater "a crise na RG". Os protestantes falan dunha cadea de demisións e de programas que desaparecen e volven aparecer. Lembran tamén que o modisto Antonio Pernas, o actor Nancho Novo, o xornalista Xosé Hermida e o profesor Carlos Taibo declinaron seguiren colaborando en... [Lire la suite]
mardi 28 mars 2006
UN BO TRABALLO
O aspecto de Espérame de Perozo encantoume. Un magnífico xogo de capa e contracapa de Miguel Vigo e unha sobresaínte Dorotea Bárcena pousando para ese profesional salientable que é Manuel Vicente. Perozo deslumbroume e sobrecolleume con Martázul. Veremos agora.
lundi 27 mars 2006
UNHA BOA NOVELA
Escribiu unha novela estupenda. Ben construída, ben dosificada, ben administrada na acción/reflexión, abondosamente documentada e con ambientes que se notan respirados.
vendredi 24 mars 2006
XORNALISMO ELECTRÓNICO, FOROS, E-BOOKS E BLOGS
son os temas sobre os que falaremos Manuel Bragado, Camilo Franco, Manuel Forcadela, Pedro Sena-Lino e mais eu ás 11.30 de mañá (sábado, 25 de marzo) nunha mesa do ciclo O escritor e os medios de comunicación, que organizan o Pen Club e Caixanova. Eu tiña unha longa e desesperaudiencias conferencia sobre libro electrónico, pero non a dei atopado; así que poden asistir sen temores.
Engadido (a suxestión de mr. Pawley): Será no Centro Social Caixanova, rúa de Policarpo Sanz, 24-26. Vigo.
jeudi 23 mars 2006
A, A, A,
O Concello da Coruña informouse por fin de cal era o seu topónimo. O que non puido a lóxica puidoo outra lóxica.
mercredi 22 mars 2006
ANTIHEIMAT
Algún día teremos madureza abonda como para escribirmos literatura antiheimat, é dicir literatura austríaca,. Polo de agora, en breve, poderemos ler os seus escritores sen intermediarios, na lingua nacional, en Sotelo Blanco. Confio aínda en ler a Bernhard, Winkler e Jelinek; nesa orde.
mardi 21 mars 2006
A VOZ
Bieito Rubido deixou de ser director de La Voz de Galicia. O director adxunto, Xosé Luís Vilela, queda á fronte do xornal.
lundi 20 mars 2006
O ESPECTÁCULO DO BLANCO AMOR
O Concello de Neda decidiu converter o Premio Blanco Amor nun espectáculo designando seis finalistas que se decidirán nunha cea que (probablemente) acontecerá o 27 de maio. Sen tempo non era de que alguén se decate de que o SLN (Sistema Literario Nacional) precisa de emocións, intrigas e adrelina. Hai que agradecerlle o coordenador cultural do concello coruñés, Manuel Grueiro, a súa achega para reanimar un galardón que se esluía. A letra con paixón e incertidume entra moito mellor. Agora soamente resta que Lugo entre na organización:... [Lire la suite]