vendredi 17 mars 2006

CRISTINA DOMÍNGUEZ, DIRECTORA DO CDG

A directora de Factoría Teatro, Cristina Domínguez, será a nova responsable do Centro Dramático Galego.
Posté par Jaureguizar à 13:54 - Commentaires [5] - Permalien [#]

vendredi 17 mars 2006

A VELOZ LENTITUDE

Ando algo desnortado polas mañás dende que marchou o meu xornalista de culto. O seu programa estaba ben planificado e estupendamente ordenado; era ameno, variado, plural, preciso e fondo. Hai dous anos marchárono por falar de máis, agora marchou el. Hai oíntes que opinan que era moi lento polas mañás, eu creo que foi rápido de máis na súa decisión. Aínda conto con escoitalo decote dende outubro, regresando de deixar a cativa no colexio. Agora, seino, son tempos de rebumbio e mellor non facer mudanza nin falar do regreso. Amelia García... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 15 mars 2006

UN TÉCNICO NO CDG

Os teatreiros pensan que o substituto de Ánxeles Cuña no CDG vai ser un técnico. É loxico porque vai ter que asumir un proxecto alleo co parón canicular polo medio. Eu pregunto polo meu candidato e polo outro favorito e me din que "frío, frío", que nin eses nin Vieitez, con todo o seu peso teórico e o respecto que se lle garda no oficio. Dinme que será un apañacontas, que a pataca está demasiado quente como para arriscar cun artista. Hai -eu ignoro, mais sinalo para dar unha visión completa-, quen me falou de "alguén... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:24 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 14 mars 2006

CDO

O Centro Dramático Galego terá o venres novo director. Eu reitero a miña aposta. Non é soamente o seu coñecemento do teatro, a súa concepción vangardista, a súa visión do que debe ser, a súa valentía e a súa temida independencia de criterio; sobre todo é a súa procedencia. ¿Por que non mantermos a tradición do Centro Dramático Ourensán? Ernesto Chao, Manuel Guede, Ánxeles Cuña,...
Posté par Jaureguizar à 22:01 - Commentaires [5] - Permalien [#]
lundi 13 mars 2006

EN BOCA PECHADA, NON SE VEN AS CARIES

Un libro, cando menos, curioso.
Posté par Jaureguizar à 23:13 - Commentaires [2] - Permalien [#]
dimanche 12 mars 2006

CABARET VOLTAIRE XA É CEIBE

Liberei un exemplar da miña novela Cabaret Voltaire onda a estatua de Álvaro Cunqueiro na praza da Catedral de Mondoñedo ás 9.30 desta mañá. Deixei o enderezo deste local por ver se alguén o colle e decide enviar unha carta.
Posté par Jaureguizar à 08:04 - Commentaires [3] - Permalien [#]

vendredi 10 mars 2006

O PINCHACARNEIRO DE PAASILINNA

Reunir un ladrón, un militar, unha vella, dúas prostitutas, un taxista, un policía e un raposo na mesma cabana de Laponia e facelo crible é algo que lle debe estar acoutado a Arto Paasilinna. Se ao comezar o libro me din que vai chegar a ese pinchacarneiro non asinaría nin polas obras completas de John Updike en galego. O caso é que o finlandés leva xa unhas trinta novelas e zumega oficio a cada páxina. Ás veces forza un chisco as situacións, ás veces repite truco (o da salchicha), mais o resultado é tan áxil e divertido, está tan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:30 - Commentaires [6] - Permalien [#]
jeudi 9 mars 2006

PREMIO ÁNXEL FOLE DE RELATO

Marica Campo, Xoán Cuba e mais eu decidimos que o mellor relato dos presentados no Premio Ánxel Fole de relato curto, que organiza o Concello de Lugo, foi O legado turbulento dos xemelgos Salinas do coruñés Iván García Campos. O segundo mellor pareceunos A muller que non comía de Francisco Rozados Rivas, de Forcarei.
Posté par Jaureguizar à 18:41 - Commentaires [14] - Permalien [#]
mercredi 8 mars 2006

ACOUGO

Pedro Blanco e os seus tiveron a idea estupenda de axudar aos que chegan para que atopen acougo organizándolles un obradoiro de escritura creativa.
Posté par Jaureguizar à 16:01 - Commentaires [9] - Permalien [#]
mardi 7 mars 2006

UN PREMIO NECESARIO

No país das poetisas, boto en falla, cando menos, unha provincia de novelistas. ¿Pensamos nalgo para animar a súa creatividade?
Posté par Jaureguizar à 16:31 - Commentaires [42] - Permalien [#]