O noso mellor escritor ten entregado en Xerais o seu novo libro, unha crónica sobre un día do propio autor. Ás veces falamos; ben eu creo que falo con el, pero non estou certo de todo porque é por teléfono e el está empeñado en desaparecer. El louba a Bernhard, mais eu míroo máis perto do seu epígono Handke, que incidiu máis no obxectivismo. O título da novela e o nome do autor serán todo o que se poida ler no exterior deste novo libro. Logo, haberá un grafitti feito en Cangas na capa e varias fotos que servan para contextualizar esa pintada. O narrador eslúese no libro para salientar o texto de seu, segue os augurios do que foi mellor libro do 2005, aínda que os críticos miraran cara Estocolmo.