Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 avril 2006

CHAVES, ÁRBORES E PARAUGAS

Andrés Trapiello escribiu un texto para a exposición de pintura que Vázquez Cereijo mantén na galería Clérigos de Lugo co nome Un año en las islas Hébridas. Trapiello define, entre elas, a illa que pintou Cereijo, Barra, polas cousas das que carecen: panadaría, chaves para as portas, peches nas fincas, árbores e paraugas. As tres primeiras son lóxicas tendo en conta os poucos veciños que son e que o acceso a Escocia firme representa cinco ou seis horas de barco ou agardar unha marea baixa para que unha avioneta poida aterrar na praia. As outras dúas teñen explicación: non hai árbores porque as ovellas non deixan medrar un abrollo e non hai paraugas porque chove horizontalmente por mor dos ventos e resultan inútiles.

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Entendín. O que pasa é que eu preguntaba (non só a vostede senón tamén á parroquia) se alguén coñece a orixe do termo, porque a descoñezo, como tampouco sei se hai algunha zona na Galiza onde se empregara antes de que fora norma.

Entendo que é lei, máis pregúntome o por qué desa regra.

En todo caso, e desculpe polo pésima comparación, eu doume conta de que se me van a multar por fumar nas beirarrúas con baldosas brancas e pretas, tipo tableiro de xadrez, procurarei non facelo, ou facelo sen que me vexan, pero non por iso vou a considerar a norma sensata, por utilizar un adxetivo á toa.

Eu tamén sei pouco, Jaure. Cada vez menos, a verdade. Reciba unha vez máis outra aperta.
Répondre
J
Uso "grazas" pola mesma razón que "espazo" ou "altofalante". Como o galego que aprendín eu era o castrapo que se fala en Ribadeo, sigo a norma que marca a autoridade linguistica, que para iso a temos. O que non entendo (e isto non vai por vostede, como é obvio) é a cantidade de filólogos que temos no país e que saben máis ca RAG sobre lingua. Eu, como sei pouco, sigo a norma.
Répondre
M
Unha pregunta: eu, que ando bastante despistado (en cuestións normativas), queríalle facer unha pregunta, visto que usa esa palabra: qué lle parece iso de "grazas"? De ónde ven? Foi utilizado algunha vez na historia, no mundo, por algunha tribu? Non estou sendo irónico, de verdade, é que non o entendo. Porque aínda se fora obrigado, pero grazas?

Moitas gracias, Jaure.
Répondre
J
Si, si, Matías; corrixo. grazas.
Répondre
M
Tal vez quixo decir horizontalmente (ou senón eu non entendo).
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité