vendredi 28 avril 2006
O QUE SABEMOS
Sabemos o título. Sabemos que ten 500 páxinas. Sabemos que están repartidas en 92 capítulos. Sabemos o que se puido ler nun medio español e moitos agradeceríamos poder ler antes nun medio nacional. E logo no español, claro.
mardi 25 avril 2006
AMIS, TAMÉN
Reapitulo: Galaxia pubicou xa os últimos de Auster e Capote. Prepara agora Sebald. O seguinte será Punto de encontro. Aínda non apareceu na versión orixinal, prevista para o 28 de setembro, e terémolo en galego en novembro.
lundi 24 avril 2006
CAMPO SANTO
Galaxia achegaranos proximamente unha das últimas obras de Sebald, un referente da cultura europea. O escritor ergue un camposanto de Córsega para reconstruír as vidas que esmoreceron nel.
samedi 22 avril 2006
DOBRES PARELLAS
Por unha coincidencia austeriana, infórmome de que Harold Pinter está casado cunha muller que, ata o Nobel, vendeu milleiros de libros máis ca el. Daquela, lémbrome de Hugo Claus e de que a súa muller reunía máis atencións ca el mentres estiveron casados.
vendredi 21 avril 2006
CHAVES, ÁRBORES E PARAUGAS
Andrés Trapiello escribiu un texto para a exposición de pintura que Vázquez Cereijo mantén na galería Clérigos de Lugo co nome Un año en las islas Hébridas. Trapiello define, entre elas, a illa que pintou Cereijo, Barra, polas cousas das que carecen: panadaría, chaves para as portas, peches nas fincas, árbores e paraugas. As tres primeiras son lóxicas tendo en conta os poucos veciños que son e que o acceso a Escocia firme representa cinco ou seis horas de barco ou agardar unha marea baixa para que unha avioneta poida aterrar na praia.... [Lire la suite]
jeudi 20 avril 2006
NOVO PRESIDENTE DO CCG
O Consello da Cultura Galega vai escoller hoxe un home honrado como novo presidente.
mardi 18 avril 2006
WITTGENSTEIN, O ATIZADOR
Paul Auster refire no seu Brooklyn follies o carácter rabudo de Wittgenstein (lean Bitgenstain, é máis pretencioso e correcto) narrando o xeito no que maltrataba uns escolares rurais de Austria. Lembro daquela que unha anécdota sobre o seu carácter arroutado deu para un libro enteiro.
lundi 17 avril 2006
O DÍA DO ESCRITOR
O noso mellor escritor ten entregado en Xerais o seu novo libro, unha crónica sobre un día do propio autor. Ás veces falamos; ben eu creo que falo con el, pero non estou certo de todo porque é por teléfono e el está empeñado en desaparecer. El louba a Bernhard, mais eu míroo máis perto do seu epígono Handke, que incidiu máis no obxectivismo. O título da novela e o nome do autor serán todo o que se poida ler no exterior deste novo libro. Logo, haberá un grafitti feito en Cangas na capa e varias fotos que servan para contextualizar esa... [Lire la suite]
jeudi 13 avril 2006
DILEMA RUSHDIE
Salman Rushdie despedirase da presidencia do Pen Club Internacional na xuntanza que o colectivo celebrará en Nova York contra fin de mes. Fe e razón será a idea base para as actividades. O escritor ameazado convidou a Tariq Ramadan, aínda que a Lei Patriota de Bush vaille impedir estar: o que me pregunto é que se Rushdie convidou o pensador do islamismo occidental para practicar a súa manifestada pluralidade ou como manobra habelenciosa ao saber que Estados Unidos lle denegaría o visado.