02 mai 2006
UN XOGO DE APÓCRIFOS
Convídoos a unha gozosa lectura. Non soamente porque a miña inmodesta persoa acabe por ser o motor da maioría dos debates que nese lugar intentan establecerse, que tamén. Nomeadamente porque serve para analizar con eficacia as consecuencias de usar seudónimos en Internet. O meu único alcume na rede, espero que vostedes si me crean, foi sempre o meu primeiro apelido. O caso é que ese espazo é punto de encontro para persoas que se divirten insultándose as unhas ás outras e viceversa. Moitos deles teiman en que eu estou tras eses alcumes que usan para os seus embates e chegou un punto en que cada quen cre que estou tras os restantes alcumes (tras todos agás dos que usan eles mesmos, claro) e que me están acusando de rebentar un foro no que, cuitado de min, non participei alén de dúas ou tres veces e que non leo o que me gustaría por falta de tempo.
Commentaires
Vaia, pensei que ía falar de Caneiro ... Xa sabe aquilo de "pensa o ladrón ...". Seguro que os moitos que lle atribúen os diversos nicks é só un ou acaso as sinerxias que el produce cos seus múltiples pseudónimos. Non faga caso.
Salsa, entendo que non debo escribir nada máis negativo sobre Caneiro. Anda de bar en bar acusándome de ser eu quen afundiu a súa carreira e non quero danalo máis. O título érame moi aqueladiño para o que quería contar.
Sobre os alcumeiros, teño para min que son moitos e non soamente un: de ser así, sería un doente mental.
Sei que non tería que facer caso, pero non podo ignorar que alguén escriba que son quen de violar á miña nai por aparecer nun suplemento cultural.
Con todo, teñen cousas divertidas: eu escribín unha opinión moi positiva sobre o posto de coordenador de edicións que o Concello de Lugo deu a Darío Xohán Cabana. Houbo outra persoa que discrepaba do meu entusiasmo e manifestouno no seu blog. No Foro das Arroutadas pode ler aínda un fío no que aseveran que eu escribín as dúas opinións: a miña e a oposta. Son do que non hai.
Sen segundas intencións, que na rede ás veces son difíciles de evitar, creo que dar publicidade a difamadores sempre vai en prexuízo da comunidade.
Pero qué lles dás?
( A ver se non cometo algunha gralla contra a normativa: cruzo os dedos).
Xa non é cuestión de Pseudónimos, máis ben de educación, supoño. a min iso de usar outra identidade paréceme ben, pero sen abusar, claro.
Por certo, hoxe na telegaita saen os d´A Lonxa Literaria de Moaña. E por lles facer un pouco de propaganda, que o merecen, coño.
Ben, que non vos manquedes con tanta labazada aquí e acolá. Veña, ponlle un Bloody Mary a Caneiro, que vén a Eurovisión.
( A ver se non cometo algunha gralla contra a normativa: cruzo os dedos).
Xa non é cuestión de Pseudónimos, máis ben de educación, supoño. a min iso de usar outra identidade paréceme ben, pero sen abusar, claro.
Por certo, hoxe na telegaita saen os d´A Lonxa Literaria de Moaña. E por lles facer un pouco de propaganda, que o merecen, coño.
Ben, que non vos manquedes con tanta labazada aquí e acolá. Veña, ponlle un Bloody Mary a Caneiro, que vén a Eurovisión.
Teléfono de aludidos
Reproduzo o comentario que lle deixei a brétemas: Dous libros de Xerais seguidos parece de pouco criterio na escolla polo director, tamén recentemente publicado pola mesma aditorial, por moita relevancia que teñan os autores. E que conste que non é por difamar a ningúen senón por facer un pouco de avogado do diaño que baixan as augas moi tranquilas ultimamente desque Jaureguizar anda con sentimento de culpa polo de Verín.
O dito ese remorso católico apostólico romano non che queda nada ben, eu prefiro ao peleón dono do bar de sempre, supoño que serán os beneficiosos efectos da paternidade :-)
Unha aperta
para os interesados, Caneiro retrucanos no Foro das Arroutadas. No fío 'Falta ambición na literatura galega?'
http://www.arroutadanoticias.com/foro/viewtopic.php?t=1386&start=60
Nada que ver
Moi boas:
Desculpen a apoloxía antes de nada, pois nada ten que ver co asunto. Deixolles aquí abaixo, por se o achasen interesante, o blog dun rapaz paulistano que narra a súa saída do armario dun xeito inocente e realista (non sei, a min paréceme que escribe como se fose a primeira vez que colle na man un bolígrafo, de ahí a ternura dalgunha pasaxe).
Reciban apertas riscadas.
http://www.bestiario.com/mvcuc/d.php?id=377
De que vas ti, muchacho?
Pero ti cres que te podes meter con quen che dea a gana?
Pero que che pasa pola cabeza?
Non fuches á escola nunca?
Carallo co escritor!
Burricán Jaureguizar, non falarei de Galbraith ou Revel, porque ti tan só, agrafiño, botaches uns links cara El Mundo de Pedro Exuperancia Ramírez, e que pague o pato o blogomillo. Claro, escribir en El Progreso dos caciques Cora parece que da para señorito fascista de Lugo.
Aclaracións arroutadas
Amigo Jaureguízar: se visitase vostede con máis frecuencia o foro de Arroutadas (tampouco é que llo recomende) decataríase de que, en efecto, hai un tipo, unha especie de colgado, moi agresivo verbalmente, que está absolutamente obsesionado con vostede e que non dubida en atribuirlle continuos intentos de penetración no devandito foro con escuras e malévolas finalidades. Ás veces os tolos teñen unha estraña capacidade de convicción e este conseguiu, a base de insistencia, fantasía e unha peculiar e atolondrada lóxica, convencer a outros dous ou tres pre-tolos da veracidade da súa paranoia.
Tamén se percataría, se visitase máis o foro, de que unha parte grande dos foreiros toma de coña esas continuas alusións á súa persoa. Tan é así que xa é unha especie de broma interna entre varios foreiros atribuirlle a vostede calquera cousa e incluso personalidades chocantes. Así, se se comenta algo sobre Fidel Castro, poñamos por caso, non será raro que apareza alguén dicindo que "Fidel Castro é Jaureguízar". Ou se aparece algún deses nicks que veñen e van, sempre haberá algún simpático que recorra á consabida broma.
Creo que non debe vostede preocuparse polo toliño nin, por suposto, polas bromas feitas sobre a súa obsesión. Tamén hai xente no foro de Arroutadas´-e antes en Vieiros- que falan ben de vostede e da súa obra ou, cando menos, con respeto.
Nada máis. Non sei porque lle escribo isto, pois apenas nos coñecemos. Quizais fose porque hoxe, por vez primeira, vino un tanto nervioso e afectado por estas historias bobas. Un saúdo.
DIALECTICA DO PERDON
Jaurguizar, porqué a colliches con Caneiro.
Non é o peor, ti non es mellor que el.
el segundo dis tratoute amabelmente cando comezabas?
Se non che gusta a súa literatura pois argumenta o teu gosto e disgosto.
Paréceme que ti lle viches a debilidade...a súa egolatría, o seu defecto, ante o que está indefenso e atacaches.
Que mérito ten vencer no boxeo a un manco?
Ti queres ser, como todos, debeces polo exito, mais pasaste moito, comportaste irresponsabelmente.
Imaxina se eres capaz a dor de Caneiro?
Caneiro non é mala persona, e polo que parece incluso peca menos de sobervia que ti,
Mais para ti eso de pecar...que tonteria. Supoño que co transmoderno que eres, pobre lenín...incapaz de ir a un Cabaret. A vida J. non é un cabaret e sobre todo para quen traballa arreo por algo no que creo, para algúen así o cabaret é unha vivencia non un mero lugar de desrepresión. Divirtete, entretente entre cantos e sereas, algúns tapanse os ouvidos para non escoitalas e seguir o seu camiño. Mais por favor, non volvas facer nunca tanto dano a unha persoa que non o merece. reflexiona.Practica algo a empatía e así os teus personaxes adequiriran psicoloxía, e non serán atemporais.E tí na tua vida cotidana enriqueceras entón a túa experiencia. Se etico, un pouco mais ético e decatate se te excediches, e se é así, pide perdón, ante ti mesmo, ante o ofendido e ante os que observamos porque ao final, quen peor vai quedar es tí, comprendes!
JAUREGUIZAR O VERDUGO DE CANEIRO
E estamos no tempo das victimas
tempos en que cada quen tenta sacar a luz as victimas dos seus enemigos.
JAUREGUIZAR NON SEXAS TAN NAZI
supoño que agora saltará alguén dicindo que KURTZ é Jaureguizar de incógnito.
En efecto, mister Brautigan: Kurtz é Jaureguízar
Kurtz, de Jaurqguízar pódense dicir moitas cousas, mais chamarlle "transmoderno" non me parece nada atinado. Revise ese termo.
Resposta
Eu non son Jaureguizar
discriminade
sacade a lúpa e o fino entendemento
a Jaureguizar, efectivamente non lle acae ben o termo transmoderno
quizais mellor postmoderno de vila, sinon?
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=1806007
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :