Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 mai 2006

VILLARES XERA EXPECTATIVAS

A toma de posesión do novo presidente do Consello da Cultura Galega semellaba ser coma as anteriores: algúns amigos e algúns representantes políticos, sociais e culturais acompañarían o responsable entrante. Pero non, as invitacións remitidas tiveron unha resposta masiva. A biblioteca do CCG encheuse como nunca para a toma de Ramón Villares. Pregunto as razóns: "Villares é Villares e ten moitos amigos", apunta un; "os progres non se perden un acto cultural, é cuestión de imaxe", desconfía outra; "hai moitas expectativas sobre o que vai facer Villares e por iso os políticos procuraron arrimarse", acusa un terceiro. Eu tiro tanto polas amizades como polas expectativas. E aposto a que as cumpre.

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Os tres discursos estiveron ben, aínda que tiveron alcances e intencións distintas. Zulueta fixo un discurso emocionado, de despedida e agradecemento, recordando tamén varias das múltiples institucións que preside ou vicepreside, pois esa é a súa principal vocación e o que mellor fai, sen que isto supoña para el ningún demérito.
Touriño fixo o discurso que se pode esperar do presidente da Xunta nunha solemnidade coma esa. Moi institucional, aínda que insistindo, como xa comentei, na pluralidade e na independencia do Consello, de cuxos obxectivos fixo unha boa e sintética descrición. Chamoume a atención que, dentro dese carácter institucional, foi sumamente afable, cariñoso e mesmo moi xeneroso nos eloxios que lle prodigou tanto a Zulueta como a Villares. Non sei quen lle faría o discurso, pero estaba ben feito.
Sen dúbida, o discurso con máis contido e ambición foi o de Villares. Fixo non tanto un discurso de toma de posesión como un discurso de investidura, aínda que, como é propio del, moi prudente. Fixo unha radiografía bastante completa do Consello co que se atopa, aínda que, por suposto, eludindo os aspectos máis escuros e criticables. Rendeu homenaxe aos seus antecesores e situouse respecto deles nunha liña de "continuidade innovadora", segundo creo que podería dicirse.
En relación co que di vostede sobre o equipo que deixa Zulueta, eu non o subscribiría totalmente. teño para min, polo que coñezo, que nese equipo hai xente moi valiosa, como Monteagudo ou Xosé López e o propio Díaz-Fierros. Pero é moita xente a que está descontenta co Xerente, Antonio Montero. Din que se dedica a todo menos ao que ten que facer. Chegou a haber problemas e grandes retrasos cos pagos e os traballadores están fartos del e do seu xeito de traballo pouco menos que policial.
Isto é o que a min me din, pois aínda que teño algunha relación co Consello esta é esporádica, non orgánica.
Répondre
J
Non lin os discursos, Molière. Houbo un convidado que me salientou o de Zulueta. ¿Vostede que opina?
Canto á xestión, eu creo que Zulueta deixa un equipo eficaz e apricado e que Villares pode aproveitalo.
Répondre
M
Non comparto totalmente estes enfoques. É certo que a elección de Villares desperta expectativas. Isto é, de seu, completamente natural, pero nesta ocasión coincide ademis co primeiro ano do novo goberno, un goberno que áinda non está moi "visto" polos que habitualmente son convidados a este tipo de eventos. Eu creo que a clave da cantidade de xente que se reuniu aonte alí foi a boa xestión que deste acto de toma de posesión se fixo dende o propio Consello da Cultura Galega, pois, alén de enviar convites, estiveron dous ou tres días chamando a todo cristo para que se caese por alí. Eu estiven e foi un acto ben feito, sinxelo e mesmo un punto informal, co protocolo xusto. E tanto Zulueta como Villares e Touriño fixeron boas intervencións, recalcando todos eles a necesidade de manter o pluralismo e a independencia do Consello, unha independencia que Touriño calificou de "innegociable".
En todo caso, a actuación de BNG e PSOE no tema do Consello debería servir como modelo para moitas outras cousas na acción do goberno. Se todo fose así, isto iría sobre rodas.
Répondre
A
Pois eu aposto a que non lle deixan.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité