Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 mai 2006

A VIÚVA PREÑADA

Galaxia tirará os dous vindeiros libros de Amis: House of meetings e The pregnant widow. Será nesa orde malia que Jonathan Cape comprara os dereitos do segundo dos volumes e mesmo anunciara a súa saída en inglés para setembro. Como Amis non o rematou, O Chacal -o seu axente- e máis a editora acordaron quitar antes House of meetings. Os pérfidos albións e os que lean inglés poderán acceder a ese texto en setembro, mentres os fillos de Breogán disporán da versión de seu en outubro, de cara ao Nadal. A viúva preñada dará a luz cando Amis o decida e daquela haberá versión en galego.

Publicité
Publicité
Commentaires
S
DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO 2006
POR FALA CEIBE

SALON DE ACTOS DO EDIFICIO SE SERVICIOS MULTIPLES DO CAMPUS DE PONFERRADA

DIA 12 DE MAIO ENTRE AS 5 E AS 8 DA TARDE

Este ano, na celebración do Dia das Letras no Berzo, Fala Ceibe realizará umha homenaxe a Aquilino Poncelas e a Alícia Fonteboa.

Aquilino Poncelas Abella, é autor dos livros “Contos e Lendas do Bierzo”, editado polo Instituto de Estudos Bercianos, em Novembro de 2004, com o patrocínio da Xunta da Comunidade Autónoma de Galiza, a Xunta de Castela e Leom,o Consello Comarcal do Bierzo, o Concello de Ponferrada, o Instituto Leonés de Cultura e Caixa España; “Contos do Bierzo e os Ancares”, editado pola Asociacióm Cultural Carocos, de Val Boa, en 1986; e “Estorias e contos do Bierzo e dos Ancares”, editado em 1992, a proposta da enton existente Mesa para Defensa do Galego do Bierzo e do Instituto de Estudos Bercianos, pola Direciom Geral de Política Lingüística da Xunta da CAG.

Ten publicado numerosos artigos em diversos meios de comunicaciom, asim como participado em innumerables congresos e encontros sobre tradicion popular, literatura oral, etc... Entre os seus artigos, destacamos um "Leonesistas de ficción", publicado no Diário de Leon.

Alicia Fonteboa, é autora do importante livro “Literatura de tradición oral en El Bierzo” (edicion da autora, Ponferrada, 1992); e também co-autora de “Didáctica do folclore literario”. Foi coordenadora do Atlas Lingüístico do Bierzo (ALBI), dirigido por Manuel Gutierrez Tuñón, e comenzado a publicar em 1996 polo Instituto de Estudos Bercianos.

PROGRAMA

Homenaxe:

Homenaxe a Aquilino Poncelas e Alícia Fonteboa, escritores/as bercianas/os , com umha importante actividade en defesa das tradicions culturais bercianas, publicando vários libros e sendo sempre partidários do ensino da nosa língua no Berzo. Serálles entregada unha escultura realizada polo escultor valdeorrés Henrique Rei.

Teatro:
«Espiña de Toxo», interpretada polos nenos e nenas do colégio Compostilla.

Tambén participarán com mais uma interpretación poetico-musical os nenos e nenas dos coléxios de IesEuropa,A Placa,Camponaraia,Cabelos,Corullón,Vilafranca etc...así como outros centros que ainda estám a preparar os seus traballos e que serám confirmados esta semana.

Recital Poético:

Maria Xosé Montero, Artur Alonso Novelhe, Concha Rousia e Igor Lugris recitarám diversos poemas da sua autoria e da autoría do homenaxeado.

Música:

A festa será máxima com as músicas ao vivo da Escola de Gaitas de Ponferrada, Servando Barreiro e a Agrupaçom de Pandeireteiras e Baile Abertal.

Concerto no Pub «A Gatera»

O encerramento da festa será no Pub «A Gatera» com un grande concerto de Servando e Contradança, a apresentaran en terras bercianas o seu disco «Som Voltas». Uma ruada e muitas mais surpresas amenizarám o fin de festa do Dia das Letras 2006 no Berzo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité