Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 mai 2006

AS PRESENTACIÓNS ANOVADORAS

El e máis eu temos debatedo unha chea de voltas a necesidade de anovar as presentacións dos libros. O acto no que un amigo do escritor louba a xenialidade da obra é vergoñante. Eu tenteino con música, levando grupos en directo, probei con vídeos e música. Pero eran variacións da mesa con dous tipos falando estupendancias dos meus textos. Agora eles deron coa fórmula: organizaron encontros de Agustín Fernández Paz con mediadores culturais e de Suso de Toro con libreiros e con blogueiros. Hai unha vontade, hai un camiño; como dixo o outro.

Publicité
Publicité
Commentaires
G
E que sería o autor de novelas do oeste na version galega do terceiro home?
Répondre
J
Grazas, Gustavo, mais sigo pensando en fórmulas novas para as presentacións e esas dúas son pistas moi boas. Canto a O terceiro home, direille que si, que é un dos referentes meus para escribir ese libro, pero máis ca nada pola película de Carol Reed.
Répondre
G
A presentacion en Compostela estivo bastante ben do teu libro. Por certo volvin a tua novela e alguns encontros que hai nela recordame o tercer home de Greene. Creo eu?
Répondre
J
Si, un coloquio con xente que xa leu o libro é moi enriquecedor. O Cabaret Voltaire presenteino en Compostela xunto co editor Carlos Lema nun diálogo que eu creo que deu xogo. No público había outra xente que a lera. Eramos unha presada, pero eu creo que estivo ben.
Répondre
A
Eu supoño que todo dependerá da honradez coa que se fagan as cousas. Se un leva un adulador, como vostede di, pois, nada. Pero se levas un home serio, honrado, que che pon na tesitura de que, mira, fillo, isto é infumable e eu non o presento ou que o fai desde o convencemento de que se trata de algo estimable, ¿por que non?<br /> <br /> Eu creo que o autor é o único que non debe falar da súa obra, agás que se trate dun coloquio con xente que xa leu o libro. Daquela si. Someterse a un interrogatorio intelixente podería ser unha boa presentación. Pero normalmente, cando se presenta un libro, a xente aínda non o leu.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité