samedi 27 mai 2006

FRANCISCO CASTRO GAÑA O BLANCO AMOR

Francisco Castro vén de gañar o Premio Blanco Amor, que se entrega hoxe no Concello de Neda. A final, con seis obras, estivo ben rifada. Deberían ler todos os que non o fixeron Xeración perdida, unha crónica social que deixa a un corazón tremendo e tratando de negarse que o que conta pode ser real; de feito, probablemente, foino.
Posté par Jaureguizar à 19:13 - Commentaires [2] - Permalien [#]

samedi 27 mai 2006

AS SILUETAS DE GÉMEO LUÍS

Algúns xa sabíamos que é o mellor deseñador de Portugal. Agora veñen confirmalo. Unha tarde de hai un ano, nesta mesma altura, pasei unha tarde de calor no xardín da súa casa de Porto. Sentamos ao abeiro dunha árbore, comendo ameixas e bebendo auga fresca do pozo. Tamén falamos de deseño (design, britanizan eles), amosoume as coidadas siluetas recortadas que agora lle valeron o recoñecemento e me agasallou cunha manchea de libros. Un tipo estupendo.
Posté par Jaureguizar à 01:13 - Commentaires [2] - Permalien [#]