O xurado do Príncipe de Asturias vén de conceder o galadón a Paul Auster. O escritor impúxose na derradeira votación a Philip Roth. Os xuris valoraron "a renovación literaria que levou a cabo ao unir o mellor das tradicións norteamericana e europea, innovar o relato cinematográfico e incorporar á literatura algunhas das súas achegas" e apuntou que "coa súa exploración de novos ámbitos da realidade, Auster conseguiu atraer a lectores mozos ao dar un testemuño esteticamente moi valioso dos problemas individuais e colectivos do noso tempo". Auster gañou o Arcebispo San Clemente no 2000 por Mr. Vértigo.
Commentaires sur PAUL AUSTER, PRINCIPE DE ASTURIAS
- Grazas pola atención, pero o premio de Compostela foi por Tombuctú, e Auster veu recollelo en decembro do 2001. Uau!
- Din que o elemento central das obras de Auster é casualidade e que o nos ocorre na vida é por ela. A min pasoume algo asi. Por casualidade eu mantiven un contacto efemero a traves da rede con Vila Matas. Eu cheguei contactar con el grazas a un libro do poeta Jose Agostinho Baptista que un amiga trouxomo de Madeira. Que me sirviu para por me en contacto con Anton Castro. e Anton castro serviume para contactar con Vila Matas. E Vila Matas cando me contestou estaba lendo una entrevista de Paul Auster.
- PA ten dito fai pouco que os seus millores libros xa os escribui fai moito: verdade, os seus últimos títulos son regulín regulín. Quen queira coñocer o alto estilo de PA -ecos de Modiano, Kafka e Melville- ten que acudir á vella Edhasa e atoupar a beleza de "El país de las últimas cosas" ou "La invención de la soledad". Este último sobre todo, agora que xa somos todos un pouco orfos.
Georges
Nouveau commentaire