mercredi 31 mai 2006

PAUL AUSTER, PRINCIPE DE ASTURIAS

O xurado do Príncipe de Asturias vén de conceder o galadón a Paul Auster. O escritor impúxose na derradeira votación a Philip Roth. Os xuris valoraron "a renovación literaria que levou a cabo ao unir o mellor das tradicións norteamericana e europea, innovar o relato cinematográfico e incorporar á literatura algunhas das súas achegas" e apuntou que "coa súa exploración de novos ámbitos da realidade, Auster conseguiu atraer a lectores mozos ao dar un testemuño esteticamente moi valioso dos problemas individuais e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:39 - Commentaires [6] - Permalien [#]

mardi 30 mai 2006

DESIDIA

O traballo de tradución que Jairo Dorado Cadilla fixo con Como se non existise de Slavenka Drakulic pasou de longo. Ninguén comentou o libro, menos a calidade da versión que Jairo fixo para o galego. Agora aspira ao Premio Nacional de Tradución.
Posté par Jaureguizar à 00:04 - Commentaires [6] - Permalien [#]
samedi 27 mai 2006

FRANCISCO CASTRO GAÑA O BLANCO AMOR

Francisco Castro vén de gañar o Premio Blanco Amor, que se entrega hoxe no Concello de Neda. A final, con seis obras, estivo ben rifada. Deberían ler todos os que non o fixeron Xeración perdida, unha crónica social que deixa a un corazón tremendo e tratando de negarse que o que conta pode ser real; de feito, probablemente, foino.
Posté par Jaureguizar à 19:13 - Commentaires [2] - Permalien [#]
samedi 27 mai 2006

AS SILUETAS DE GÉMEO LUÍS

Algúns xa sabíamos que é o mellor deseñador de Portugal. Agora veñen confirmalo. Unha tarde de hai un ano, nesta mesma altura, pasei unha tarde de calor no xardín da súa casa de Porto. Sentamos ao abeiro dunha árbore, comendo ameixas e bebendo auga fresca do pozo. Tamén falamos de deseño (design, britanizan eles), amosoume as coidadas siluetas recortadas que agora lle valeron o recoñecemento e me agasallou cunha manchea de libros. Un tipo estupendo.
Posté par Jaureguizar à 01:13 - Commentaires [2] - Permalien [#]
jeudi 25 mai 2006

¡LUANDINO RECUSOU!

Luandino Vieira recusou Prémio Camoes.
Posté par Jaureguizar à 17:24 - Commentaires [11] - Permalien [#]
mercredi 24 mai 2006

O PAIS DAS TENTACIÓNS

Manolo non vaias, querémoste onde estás.
Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [3] - Permalien [#]

mardi 23 mai 2006

AS PRESENTACIÓNS ANOVADORAS

El e máis eu temos debatedo unha chea de voltas a necesidade de anovar as presentacións dos libros. O acto no que un amigo do escritor louba a xenialidade da obra é vergoñante. Eu tenteino con música, levando grupos en directo, probei con vídeos e música. Pero eran variacións da mesa con dous tipos falando estupendancias dos meus textos. Agora eles deron coa fórmula: organizaron encontros de Agustín Fernández Paz con mediadores culturais e de Suso de Toro con libreiros e con blogueiros. Hai unha vontade, hai un camiño; como dixo o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:48 - Commentaires [7] - Permalien [#]
lundi 22 mai 2006

LOIS PEREIRO PARA AS LETRAS DO 2007

Insisto.
Posté par Jaureguizar à 17:31 - Commentaires [9] - Permalien [#]
vendredi 19 mai 2006

PREMIO CAMOES 2006

¿Algún de vostedes pode escribirnos algo sobre el?
Posté par Jaureguizar à 19:41 - Commentaires [11] - Permalien [#]
jeudi 18 mai 2006

VÍTIMAS DO 17-M

As Letras tamén teñen os seus danmificados. Onte cheguei tan tarde á casa que nin tempo a postear tiven. Tampouco a ler o número que nos dedicou o Cultura/s da Vanguardia.  Deiteille unha olladela esta mañá, cando o almorzo, e achei unha reflexión ben suxestiva.
Posté par Jaureguizar à 09:32 - Commentaires [3] - Permalien [#]