mardi 16 mai 2006

¿DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DE LITERATURA?

Pasámonos o día repetíndonos que as cuestións persoais non deben influír nas literarias. Pasamos o día repetíndoo por ver se algún día acreditamos nese mantra. Un dos defensores máis intensos desa idea argumentou hai dez días que unha novela non podía leva un prestixioso premio (aínda que carente de faciana crematística) porque fora escrita por un xornalista que asina no seu periódico opinións que o amolan. Reservareime o nome dese membro do xurado, pero lémbrolle que se trataba de avaliar a calidade dunha obra literaria.
Posté par Jaureguizar à 13:17 - Commentaires [10] - Permalien [#]

lundi 15 mai 2006

ALGO DEBE DE PASAR AQUÍ

para que o mellor suplemento de cultura do estado nos dedique un número.
Posté par Jaureguizar à 12:57 - Commentaires [4] - Permalien [#]
dimanche 14 mai 2006

TERESA MOURE ESTARÁ EN LUGO

Unha dificultade persoal impediu a Teresa Moure estar presente hoxe na Feira do Libro de Lugo, onde lectores seus agardaban para que lles asinase exemplares dos seus últimos títulos. Os organizadores manteñen o seu interese en que participe no certame e buscarán unha nova data.
Posté par Jaureguizar à 23:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 10 mai 2006

A VIÚVA PREÑADA

Galaxia tirará os dous vindeiros libros de Amis: House of meetings e The pregnant widow. Será nesa orde malia que Jonathan Cape comprara os dereitos do segundo dos volumes e mesmo anunciara a súa saída en inglés para setembro. Como Amis non o rematou, O Chacal -o seu axente- e máis a editora acordaron quitar antes House of meetings. Os pérfidos albións e os que lean inglés poderán acceder a ese texto en setembro, mentres os fillos de Breogán disporán da versión de seu en outubro, de cara ao Nadal. A viúva preñada dará a luz cando Amis... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:07 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mardi 9 mai 2006

O ÉXITO DE MOURE PUIDO SER MAIOR

O inmenso éxito de Herba moura de Teresa Moure puido ser aínda maior. Foi unha das dúas obras desbotadas de entre catro na final dos Premios da Crítica Galega na modalidade de creación literaria. A novela, orixinal e audaz, acabou vencida polo impresionante traballo de documentación e de reivindicación de Xabier Alcalá e pola singularidade poética de Manuel Outeiriño. Impúxose Alcalá tras máis de catro horas de debate. Os membros do xurado querían premiar a Alcalá sen deixar de premiar a Outeiriño. Argumentaban, loxicamente, que unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:02 - Commentaires [6] - Permalien [#]
lundi 8 mai 2006

AS MEDIAS DISTANCIAS

O novo Premio de Narrativa Breve Repsol YPF vai ser presentado mañá na Coruña. É cousa boa que as medias distancias teñan unha terceira posibilidade, amais do 'Lueiro Rey' do Grove-Sotelo Blanco e o Rubia Barcia de Ferrol.
Posté par Jaureguizar à 18:56 - Commentaires [7] - Permalien [#]

vendredi 5 mai 2006

UNHA MAZÁ ASADA

Suso de Toro concédeme unha entrevista sobre Un home sen nome. Amósase atento, respectuoso e agradable como adoita. Dime que vén de comer unha mazá asada e de beber unha copiña de viño e eu áchoo nomeadamente acertado e fondo nas súas reflexións. Teredes que agardar ao domingo.
Posté par Jaureguizar à 21:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 4 mai 2006

VILLARES XERA EXPECTATIVAS

A toma de posesión do novo presidente do Consello da Cultura Galega semellaba ser coma as anteriores: algúns amigos e algúns representantes políticos, sociais e culturais acompañarían o responsable entrante. Pero non, as invitacións remitidas tiveron unha resposta masiva. A biblioteca do CCG encheuse como nunca para a toma de Ramón Villares. Pregunto as razóns: "Villares é Villares e ten moitos amigos", apunta un; "os progres non se perden un acto cultural, é cuestión de imaxe", desconfía outra; "hai moitas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:24 - Commentaires [4] - Permalien [#]
mardi 2 mai 2006

UN XOGO DE APÓCRIFOS

Convídoos a unha gozosa lectura. Non soamente porque a miña inmodesta persoa acabe por ser o motor da maioría dos debates que nese lugar intentan establecerse, que tamén. Nomeadamente porque serve para analizar con eficacia as consecuencias de usar seudónimos en Internet. O meu único alcume na rede, espero que vostedes si me crean, foi sempre o meu primeiro apelido. O caso é que ese espazo é punto de encontro para persoas que se divirten insultándose as unhas ás outras e viceversa. Moitos deles teiman en que eu estou tras eses alcumes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:58 - Commentaires [17] - Permalien [#]
lundi 1 mai 2006

AS IDEAS CATIVAS

Morren Galbraith e Revel e ningún blogueiro semella informarse. Morren dous das persoas que achegaron as máis brillantes ideas á socialdemocracia e ao liberalismo e nin o menor debate. Sempre nos foi máis o espectáculo, o cheiro das corredoiras, os discursos esgotadores e a boina calada ata as orellas. Se algún día logramos ser independentes estaremos gobernados por un cacique, porque nos gusta máis apañar a nosa leiriña a curto prazo ca modernizar a granxa.
Posté par Jaureguizar à 23:05 - Commentaires [6] - Permalien [#]